O Padroado da Fundación Semana Verde nomea novo director

Rueda_Semana VerdeO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a reunión do Padroado da Fundación Semana Verde, onde se nomeou a Ricardo Durán como novo director xerente da Fundación, en substitución de Pedro Corbacho.

Segundo explicou Rueda, Durán asume a xerencia nun momento complicado e cunha difícil tarefa por diante, pero redobrará esforzos na busca de actividade feiral, para facer da Semana Verde un recinto eficiente e viable, que avance cara o autofinanciamento.

O obxectivo, tal e como se demostrou desde o primeiro momento, é dar continuidade á Semana Verde e garantir a súa supervivencia, tanto polo ben de Silleda, como da súa comarca e do sector primario e Galicia, en xeral. Por iso mesmo, o novo director analizará agora a situación da Fundación para adoptar as medidas estruturais que fosen precisas.
Ricardo Durán_novo director fundadión Semana Verde

Dentro desa estratexia, Rueda informou de que o convenio de compensación de débedas entre o Concello de Silleda e a Fundación atopase moi avanzado grazas a predisposición mostrada por ambas partes. En canto se ultimen os trámites xurídicos poderá procederse á súa sinatura e por fin a unha problemática que arrastraba a Fundación desde hai anos.

Así mesmo, tamén anunciou a próxima sinatura do convenio para ceder espazos á Escola de Música Municipal e que o contencioso con FCC está chegando ao seu fin, polo que proporase ao Padroado buscar un acordo para pechar definitivamente a reclamación que viña mantendo dende hai anos nos xulgados e que de prosperar poñía en vilo a viabilidade da Fundación.

Ricardo Durán
O novo director xerente da Fundación, Ricardo Durán, é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Especializado en Dereito Administrativo e Economía Política, desde o ano 2009 formou parte do gabinete da Vicepresidencia da Xunta, encargándose especificamente das relacións coa Fundación Semana Verde e efectuando o seguimento da súa actividade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar