Baltar salienta a “democracia substantiva” na presentación dun libro en Dereito

Baltar_presentacion libro Dereito Campus Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou hoxe na presentación do libro “Dereito de sufraxio, réxime electoral e partidos políticos”, que tivo lugar la Facultade de Dereito do Campus de Ourense a importancia de aplicar o que el define como “democracia substantiva”, “para obter unha maior visibilidade nos mecanismos electorais”. Baltar subliñou que, no caso das deputacións “para que estes gobernos intermedios gañen en confianza democrática ante os electores, o votante debe decidir non só que partido quere que o goberne, senón tamén como quere que o goberné”. “Eu son partidario –engadiu- dunha modificación da lei electoral co obxectivo primordial de gañar en credibilidade e que os cidadáns comproben que o seu voto vale máis”.

O presidente provincial afirmou, referíndose á obra presentada hoxe, que é fundamental deterse a reflexionar para ter máis claro aínda os pasos cara o futuro, “sabendo que a nosa responsabilidade neste momento ten, máis que nunca, unha proxeción política de grande alcance, e esta publicación contribúe activamente a elo”. O libro, coordinado polo profesor José Agustín González-Ares, recolle as conferencias pronunciadas nas IX Xornadas “Sociedade e Dereito”, celebradas na Facultade de Dereito de Ourense en marzo de 2012, con importantes achegas nos aspectos formativos e divulgativos do Dereito, e aborda un tema de gran actualidade como como é o dereito de sufraxio, o réxime electoral e os partidos políticos: da Constitución de Cádiz aos nosos días.

O acto de presentación do libro contou coa presenza, ademais do coordinador e do presidente da Deputación, da vicerreitora do Campus de Ourense, maría lameiras; do decano da Facultade de Dereito, Roberto Bustillo; e do profesor Alberto Vaquero.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar