Comezou a Feira do Outono de Lugo

Feira do Outono de Lugo
A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as actividades que se enmarcan dentro do programa Ponte en Lugo en Outono e que comeza coa III Feira de Outono que cambia de ubicación e se celebra esta fín de semana celebrarase no soto da Praza de Abastos.

Carmen Basadre manifestou que “con este cambio de ubicación podemos dar unha maior cabida para os stand xa que este ano duplícase o número e participarán 44 postos que terán a venda dende produtos ecolóxicos, xoiería, artesanía ou xoguetería”.
A III Feira de Outono pretende ofrecer un tempo de lecer a lucenses e a turistas, persegue unha finalidade aínda máis ambiciosa que é a de promocionar os produtos da terra e a artesanía tradicional galega, pois proporciona aos produtores e mestres artesáns unha plataforma de presentación e venda dos seus produtos dun xeito directo, sen intermediarios. Este tipo de iniciativas favorece o consumo responsable, estimula a economía local ao difundir a actividade dos pequenos produtores e proporciona o coñecemento da calidade dos produtos galegos por parte do consumidor. O horario será de 10.30 a 14.30 e de 16.30 a 21.00 horas os días 6, 7 e 8 e o día 9 de 10 a 14 horas.

Ademais, esta fin de semana, tamén se celebrará as “saturnalias”, unhas festas paganas anteriores ao Nadal, e que constarán de visitas turísticas o venres 6 de decembro coa “Ruta polo Centro Histórico” que comezará as 11.00 con saída dende o Centro de Interpretación da Muralla. Xa o domingo 8 de decembro sairá ás 11.00 da Praza do Campo a “Ruta de A Ponte” que percorrerá a antiga vía XIX ata o barrio da Ponte.

Tamén haberá as visitas turísticas organizadas dentro do programa turístico Terras de Auga e Cultura. O primeiro día ás parroquias de Prógalo, Santalla de Bóveda, Bacurín e San Pedro de Mera, e o domingo 8 as de o Burgo e de San Xoan de Alto. En ambos casos o autobús sairá dende o tramo peonil da Ronda da Muralla ás 10.30 horas e para participar hai que inscribirse a través do 010 ou na Oficina Municipal de Turismo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar