Santiago: A Escola de Altos Estudios Musicais contará cun percusionista da Filarmónica de Berlín

Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago

Máis información na web da Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) conta cun programa de formación permanente dirixido a todos os músicos galegos, tanto no ámbito profesional como no afeccionado, interesados neste eido. No marco deste programa, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional.

A vindeira semana celebrarase unha clase maxistral de percusión. O recoñecido percusionista alemán Simon Rössler mostraralles aos alumnos o seu virtuosismo con diferentes instrumentos de percusión. Para asistir as estas sesións ofrécense un total de 13 prazas. Terán lugar o luns día 9, pola mañá de 11.00 a 14:00 horas e pola tarde de 15:30 a 19:30 horas. O martes 10 o horario será de 15:30 a 19:30 horas e o mércores 11 pola mañá, entre as 11:00 e as 13:00 horas.

DENDE OS SEIS ANOS

O músico alemán Simon Rössler toca a percusión dende os seis anos e dende 2008 é percusionista da Orquestra Filarmónica de Berlín. Fixo unhas probas para estudar na Academia da orquestra berlinesa e a súa forma de tocar a percusión casou tanto impacto que a orquestra contratouno de inmediato. Con anterioridade xa tivera varios anos de experiencia en diversas agrupacións do seu país e mesmo na Xove Orquestra da Unión Europea. Tamén ten actuado en grupos de jazz e pop.

Rössler sinala que está fascinado coa percusión dende a súa infancia debido á súa “ampla gama de posibilidades de expresión e á variedade e versatilidade dos seus instrumentos. Ademais, asegura que “a percusión, sobre todo na máis recente literatura orquestral, é realmente o latexo do corazón da actividade musical”.

Entre os galardóns que recibiu ao longo da súa carreira destaca o primeiro premio no Concurso Internacional de Percusión en París, no ano 2001. Tamén foi o gañador do certame “Xoves Músicos” de Alemaña en 2004.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar