Accións en favor do comercio local en 12 concellos ourensáns

Mesa do Comercio_Deputación OurenseA Mesa Provincial de Comercio, reunida hoxe na Deputación de Ourense e presidida polo seu titular, Manuel Baltar, ditaminou favorablemente sobre os proxectos presentados para desenvolver accións en favor do comercio local en 12 concellos da provincia de Ourense.

En concreto, os municipios aos que van destinados estes proxectos son: Bande, Vilardevós, A Peroxa, Melón, Rubiá, Muiños, Monterrei, Cualedro, A Bola, Xunqueira de Ambía e Avión, proxectos dos que a Mesa Provincial de Comercio dará traslado á Xunta de Galicia para levar a cabo estas iniciativas que permitirán promocionar e promover o comercio local. Esta xuntanza, que terá a súa continuidade noutra reunión fixada para o mes de xaneiro de 2014, serve para achegar propostas por parte dos representantes dos comerciantes , dos consumidores e dos concellos a prol do comercio local. A finalidade das Mesas de Comercio é favorecer a coordinación nas actuacións entre os comerciantes e a administración local para poñer en valor a importancia do comercio minorista.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar