Detido o alumno que intoxicou a súa compañeira con galletas de marihuana

   O delegado do Goberno, Samuel Juárez, confirmou a detención dun novo por intoxicar a unha compañeira nun colexio da Coruña tras inxerir unha galleta de marihuana e asegurou que se traballa en coñecer como tivo acceso o mozo ao material subministrado.

   “Produciuse ese arresto e agora mesmo se traballa para chegar á orixe dese produto e como chegou ata o mozo que está nun colexio e que o distribuíu entre os escolares”, sinalou, a preguntas dos medios, antes de asistir á xornada de presentación do novo Programa Marco Europeo de Investigación Horizon 2020.

Así mesmo, Juárez afirmou que “preocupa” a venda de drogas no ámbito escolar e, por iso, recordou o esforzo da Policía Nacional e o incremento da vixilancia nos arredores dos centros escolares para “frear” este tipo de actividades.

“Os colexios son un lugar de atención especial das Forzas e Corpos de Seguridade e que está especialmente vixiado”, apuntou o delegado do Goberno.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar