O Concello de Lugo concede a Medalla da cidade á ONCE

Lugo_medalla cidade plata

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta mañá o acto de entrega da Medalla de Plata da cidade de Lugo á Organización Nacional de Ciegos Españolas (ONCE), que estivo representado polo Delegado Territorial de Galicia, Manuel Martínez. No acto tamén estiveron presentes o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, o Director da ONCE en Lugo, Roberto Doval, e varios conselleiros terrotoriais da ONCE e afiliados.

Durante a entrega, o Alcalde de Lugo, destacou a labor social, laboral e humana que leva realizado a ONCE nos seus 75 anos de existencia e que permitiron que “moitas persoas con discapacidade visual se realizasen como persoas ao poder estudar e traballar grazas á axuda da organización”. Tamén alabou a xenerosidade da organización con outras discapacidades e confesou que, dende que colabora coa ONCE, “dinme conta de que unha sociedade non pode ser democrática ata que se integra plenamente ás persoas con discapacidade”. Ademais, “sen a axuda deles nunca poderiamos ter levado a cabo actuacións en materia de accesibilidade, ou a difusión que supuxo a imaxen das nosas festas ou da Muralla nos 5.000.000 de cupóns repartidos por toda España” segundo López Orozco xa que “a ONCE sempre estivo ao lado do Concello de Lugo”.

Pola súa parte, Manuel Martínez, destacou o importante traballo que desenvolve o Concello de Lugo en materia de accesibilidade e en benestar social xa que “non se pode deixar que se retroceda nas políticas sociais”. Tamén destacou o traballo realizado pola Fundación ONCE dende a súa creación hai 25 anos, co impulso á integración laboral e a xeración de 80.000 postos de traballo en toda España.

O Director Territorial en Galicia da ONCE, tamén fixo referencia á solidaridade que dende sempre mostrou a sociedade lucense cos afiliados e vendedoros da ONCE e que en toda a provincia de Lugo conta con 300 vendedores.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar