Primeiro detido por piratear o wifi ao veciño

Un veciño do madrileño barrio de Vallecas foi detido por utilizar a conexión WiFi dos seus veciños, acusado dun delito de «descubrimento e revelación de segredos». É a primeira vez que se aplica este delito a unha persoa por piratear unha rede WiFi allea.

Esta práctica, malia estar relativamente estendida, pode ter consecuencias legais. Así ocorreu co mozo de 20 anos Eric F. M. A., que accedía a Internet grazas á conexión inalámbrica dos seus veciños. Para iso valíase de programas de auditoría de redes que lle permitían detectar as máis próximas e Robar wifi vecinodescifrar as contraseñas.

Esta práctica está recollida no artigo 255 do Código Penal, que cualifica os delitos de «defraudación de fluído eléctrico e análogas» e que castiga a quen rouben «auga, electricidade, WiFi ou calquera outro fornezo» si a cantidade defraudada supera os 400 euros.

No entanto, é difícil precisar canto tempo utilizara o infractor as redes dos seus veciños e polo tanto, canto supoñería a cantidade defraudada. Con todo, foi imputado por un delito de «descubrimento e revelación de segredos» porque a contraseña do persoal de calquera individuo é un segredo en si mesmo. A pena podería ser de ata 4 anos de cárcere, mentres que a de defraudación de fluídos só se castiga cunha multa de tres a doce meses.

Así mesmo, a Policía atopou material de contido pedófilo durante o rexistro da vivenda, polo que o xulgado de instrución número 40 inhibiuse a favor dun xulgado de Vigo, onde empezou unha investigación por acoso sexual. A Policía tamén sinalou que o feito de que o detido utilizase redes alleas complicou o rastrexo do sospeitoso.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar