A voceira do PPdeG, Paula Prado, chama «á loita contínua» contra a violencia de xénero

Paula Prado_blog

A voceira do PPdeG, Paula Prado, aproveita a simboloxía do ‘Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller’ para chamar «á loita continua contra esta lacra que, lamentablemente, segue afectando a moitas persoas en pleno século XXI».

Para a dirixente popular, a violencia de xénero é «o maior expoñente da desigualdade entre homes e mulleres» e considera imprescindible «arrancala de raíz desde a infancia», a través dunha educación que transmita valores de respecto, igualdade e convivencia que afasten aos máis novos de actitudes violentas.

Neste senso, a voceira do PPdeG cre que non se deben pasar por alto as novas formas de exercer a violencia a través das novas tecnoloxías, como o acoso a través das redes sociais, algo que, según afirmou, afecta máis á xuventude e no que son máis vulnerables as rapazas novas.

Prado ve preciso afondar no coñecemento e nas dimensións das distintas formas de violencia contra as mulleres e reitera a importancia de seguir avanzando na detección precoz destes casos.

Do mesmo xeito, a dirixente popular fai especial fincapé en que a sociedade fracasa cada vez que unha muller sofre malos tratos e lembra que «o silencio é cómplice directo da violencia contra a muller». Por iso, reitera a importancia da denuncia e da sensibilización para poñer fin a esta lacra e recorda que acabar con este mal é responsabilidade de todos.

Neste senso, Prado pide a todos os actores sociais, políticos, xuíces, medios de comunicación e corpos e forzas de seguridade do Estado, que sumen forzas para conseguir que a violencia de xénero sexa un mal do pasado sen cabida no futuro.

Polo tanto, a dirixente popular rexeita e condena enerxicamente, en nome do partido, calquera forma de violencia de xénero e amosa o seu recoñecemento ao espírito de superación de todas as vítimas deste tipo de violencia e aos seus seres queridos, lembrándolles que non están sós e que, coa axuda de todos, hai saída.

Neste senso, asegura que o PPdeG non vai a descansar ata acadar unha sociedade «libre de violencia e respectuosa cos dereitos fundamentais das persoas e pola igualdade entre homes e mulleres».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar