Tres anos de cárcere ao presidente de Mahía

A Audiencia provincial de Valladolid condenou a tres anos de privación de liberdade e sete de inhabilitación ,o presidente do grupo Mahía, Ramón López Casal, como indutor dun delito de prevaricación e autor dun delito de suborno; así como ao arquitecto municipal, Buenaventura Conde Salazar, condenado por cooperador necesario no delito de prevaricación, polo que se lle impuxo sete anos de inhabilitación.

A Audiencia condena tamén ao alcalde de Arroyo a tres anos de prisión por suborno.
O rexedor tamén é condenado a oito anos de inhabilitación por prevaricación mentres que Jesús García Galván e María Iluminada Miguel foron absoltos.

Trátase do maior proceso xudicial por corrupción política e urbanístico investigado en castela e León nos últimos 7 anos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar