Impulso ao movemento veciñal desde a Deputación de Ourense

Baltar-Lorinda Fernández-asociación vecinal Miño

Fortalecer as relacións da Deputación de Ourense co movemento veciñal da provincia, representado pola Federación de Asociacións de Veciños “Limiar” e pola Agrupación de Asociacións de Veciños “Miño”, é un dos obxectivos que Manuel Baltar se marca para o exercicio de 2014 para achegar máis a institución provincial á cidadanía e facela partícipe dos seus programas e proxectos.

Por este motivo hoxe o presidente provincial, cumprindo un compromiso xa anunciado, fíxolle entrega á Federación “Limiar” e á Agrupación “Miño” -dúas entidades que xa recibiron achegas económicas por parte da Deputación en 2013- dunha copia dos orzamentos da Deputación para 2014, antes de sometelos a aprobación polo pleno da Deputación, e dar conta das liñas xerais dos ditos orzamentos para o vindeiro exercicio, que rexistran un incremento do 11% e nos que destaca un aumento dun 40 % de recursos propios destinados a investimentos: máis de 14 millóns de euros.

Ademais, e tendo en conta o protagonismo destes colectivos veciñais, Manuel Baltar entregoulles a Ordenanza xeral de subvencións –unha importante innovación para 2014-, a cal establece a competitividade e a libre concorrencia no outorgamento das axudas públicas e na que se incorpora unha liña específica para axudas e o fomento do asociacionismo veciñal, coa finalidade de que os coletivos veciñais poidan presentar as súas propostas de actuación para que a Deputacion, baseándose na concorrencia, na competitividade e na igualdade de oportunidades, poida atender as achegar e propostas destas entidades.

Manuel Baltar afirma que é necesario “abrir unha canle de contacto e información permanente coas asociacións de veciños da provincia de Ourense, e non só limitarnos a poñer cartos senón implicarnos máis dende a Deputación, erixíndonos como “buzón de suxestións” para manter unha relación bidireccional na que todas as partes poidamos achegar propostas para fortalecer o movemento veciñal e que a Deputación poida, dentro das súas posibilidades atender, as súas inquedanzas”.

Baltar cre firmemente en que “a transparencia e a comunicación son piares básicos de todo goberno” e afirma que a Deputación “é unha plataforma de servizos non só para os concellos senón tamén para os cidadáns, e coas nosas achegas facemos posible tamén que os concellos manteñan o seu funcionamento”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar