Promoción do idioma galego na hostalaría

 

Máis de 1.500 establecementos de hostalaría de Santiago e comarca recibirán 100.000 manteles de papel que incluirán xogos e actividades de vocabulario sobre gastronomía en varios idiomas que buscan difundir e promocionar a lingua galega desde este sector.

Ruas SantiagoEsta iniciativa forma parte da campaña ‘Xantar Compostela’, impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación Hostelería Compostela desde o ano 2010 para achegar a lingua galega aos establecementos comerciais e aos seus clientes.

En roda de prensa, Aser Álvarez, responsable de Comunicación e Márketing da asociación, destacou que esta colaboración busca aproveitar o valor da gastronomía de Galicia e o seu contacto co turismo internacional para que sexa, á súa vez, un «escaparate» da cultura e da lingua.

Esta nova edición incluirá tamén motivos especiais por coincidencia con VINA edición de Santiago (é)Tapas, co fin de «xerar sinergias» entre ambas actividades.

Os manteles que se repartirán na campaña estarán decorados con catro deseños diferentes. Dous deles dirixiranse fundamentalmente ao público infantil con pasatiempos de contido lingüístico, nos que se empregará léxico relacionado coas comidas.

Outro dos manteles, máis enfocado ao turismo internacional, incluirá palabras do mundo da cociña en diferentes idiomas (galego, castelán, inglés, francés e alemán) para dar a coñecer a lingua e proporcionarlles expresións de utilidade.

O cuarto deseño desta campaña de manteles estará destinado ao público adulto e ofrecerá sopas de letras que se centrarán no mundo da hostelería.

GRAN CAPACIDADE DE COMUNICACIÓN

O presidente de Hostalaría Compostela, Jesús Xordo, chanceou con que con estas actividades os pequenos que acudan ao restaurante «quédanse tranquilos» e aprenden mentres debuxan neles en lugar de «escribir nos manteles brancos».

Así mesmo destacou esta iniciativa de promoción que permite difundir a lingua «dun modo lúdico» e á vez a actividade de Santiago (é)Tapas, que cada vez máis atrae a cidadáns «de países veciños».

Finalmente, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García valorou esta iniciativa «moi útil» que representa «unha ferramenta útil» para que os mozos «tomen contacto» coa cultura galega.

Nesta liña, destacou a «capacidade tremenda» para comunicar da hostelería e a gastronomía, que supón o «primeiro escaparate» e «forma de expresión» da cultura galega para os visitantes doutros territorios.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar