A obra de Antón Pulido, no Museo de Pontevedra

Pilar Rojo_Pulido_Vázquez Abad_Louzán-inaugruación mostra Pulido sexto edificio.

A presidenta da Parlamento, Pila Rojo; o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad; e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, participaron na inauguración da mostra ‘Kermesse’, de Antón Pulido, que estará exposta ata o vindeiro 12 de xaneiro no Museo de Pontevedra. O conselleiro asegurou que o pintor ourensán é “un artista consagrado que non se contenta con asentarse no que domina, posto que ao longo da súa obra pódese comprobar ese afán que caracteriza aos que viven a creación con intensidade total, con ansia de superación”.

Segundo Vázquez Abad, estas características as plasma na súa mostra ‘Kermesse’, “un traballo que reflicte a tradición lúdica, pero que tamén afonda na filosofía de vida, dun ser humano entrañable, dun mestre do expresionismo que acada a súa madurez e que celebra connosco, como é Antón Pulido, o milagre suxestivo e libertario da súa paleta, pletórica de formas, deslumbrante de cromías”.

Asemade, o titular de Cultura e Educación afirmou que Pulido é “un artista comprometido co seu país e co seu tempo, así o demostrou participando e vinculándose a diferentes correntes e iniciativas culturais, algunhas tan imprescindibles como a Fundación dos Premios da Crítica”.

Pola sua parte, o titular da deputación pontevedresa salientou que Pulido  é un dos nosos pintores máis internacionais, como o demostra o feito de que acaba de expoñer en Taiwán, Xapón, Seul ou Shangai, e que levará próximamente esta mesma exposición súa a Londres e París.
Louzán engadí que Pulido  «é un exemplo de cómo facer Galicia dende a obra artística e tamén dende o compromiso personal e cívicoLeva, sitúa e proxecta Galicia, e o sentir galego, a espazos onde está o futuro, aos países orientáis máis desenvolvidos. E tamén axudou a construir a nosa Comunidade dende as institucións, codo con codo coa sociedade civil e co mundo da cultura».

Para Louzán, «Galicia é iso que vai con él e que o leva a todas horas e por todos os lugares».

 

 «KERMESSE»

Esta exposición permítenos coñecer a obra máis recente de Antón Pulido (Bóveda de Amoeiro, Ourense, 1944), un pintor afincado nas Rías Baixas que expón en Galicia tras as súas exhibicións en sitios tan afastados como Beijing, Taiwan ou Corea. ‘Kermesse’ é a palabra que define esta mostra conformada a base de obras inéditas, creadas cunha linguaxe abstracta completamente actual e contemporánea, e coa cor como protagonista, produto dunha evolución de toda unha vida dedicada á pintura.

As kermesses son as representacións do bulicio. Son unha referencia á celebración, unha homenaxe á alegría de vivir. Emocións de felicidade que son traducidas por Antón Pulido en cada unha das composicións rítmicas e coloristas que compoñen esta exposición única

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar