Xurxo Sobrino, director de «Sprint Motor», obtén o Premio Compostela Monumental de xornalismo

Acceso a «Sprint Motor»

O director da revista “Sprint Motor”, Xurxo Sobrino Morán é o gañador da sexta edición do “Premio Comostela Monumental de Xornalismo”, pola seu traballo na difusión e coñecemento do comercio tradicional da capital de Galicia e tamén a divulgación do seu casco histórico.

O xurado estimou dúas mencións especiais, aos servizos informativos de Radio Obradoiro, e á edición dixital local de La Voz de Galicia en Santiago. Námbolos dous casos pola difusión permanente da labor e proxectos desenvoltos por Compostela Monumental durante o presente ano.
XURXO SOBRINO

Xurxo Sobrino Morán cursou estudos de CC. Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1985 incorporouse ao cadro de persoal da Radio Galega como Operador de Control. O ano 1990 é nomeado Coordinador de Programas pasando a asumir labores de responsabilidade no Servizo de Programas. En 2002 a dirección da empresa noméao Coordinador de Publicidade, pasando a ser o responsable na Radio Galega desta área ata a actualidade.
Paralelamente á súa actividade laboral na radio pública de Galicia colaborou con distintos medios de comunicación como: El Ideal Gallego, El Correo Gallego, Xornal Diario, La Revista del Bierzo e o semanario deportivo Terceiro Tempo.
O ano 1994 publica o libro dedicado ao motor, especialmente á seguridade viaria, “Estradas de papel”, unha recompilación de artigos publicados en distintos medios de comunicación.
En 2005 comeza, como director, o programa de televisión na TVG especializado na competición de motor “Galicia Ras”.
En 1995 funda a publicación mensual dedicada ao mundo do motor en todas as súas facetas Sprint Motor, acompañado de distintos xornalistas especializados nesta temática.
Sprint Motor é unha publicación integramente escrita en galego que intenta reflectir a realidade do motor tanto da competición coma do sector comercial de Galicia.
Esta publicación naceu en 1995 recollendo as inquietudes dun grupo de xornalistas afeccionados ao motor convencidos da necesidade de ter un medio que se expresase na lingua galega e que recollese aspectos e contidos que xeralmente non eran divulgados por outras revistas ou xornais de carácter nacional e incluso autonómico.
Ao longo deste período foron moitas e moitos os colaboradores que mes a mes foron construíndo este puñado de páxinas que xa son historia do xornalismo especializado desta terra.
A partir de xaneiro de 2005 Sprint Motor comezou a introducir a cor nas súas páxinas despois de preto de 100 números imprimindo na escala de grises. Este fito foi moi ben valorado por todos os actores implicados, sabedores do grande esforzo que isto supuxo á empresa editora.
En 2013 Sprint Motor cumpre 18 anos nas rúas.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar