Ferida grave ao caer dun quinto piso en Vigo

 

   Unha moza de 32 anos de idade, D.L.G., resultou ferida grave tras precipitarse dende un quinto piso dun edificio de Vigo, segundo confirmaron a Europa Press os Bombeiros e a Policía Nacional.

   Os feitos aconteceron sobre as 00.30 horas deste xoves, cando a muller se precipitou dende o quinto piso dun inmoble situado no número 9 da rúa Tomás Alonso.

Ao caer, a rapaza atravesou un telladiño de chapa e foi parar ao interior dun baixo onde hai unha empresa de fontanaría. De alí tivo que ser rescatada por bombeiros do parque de Balaídos.

Tamén acudiu ao lugar unha dotación da Policía Nacional e unha ambulancia medicalizada do 061. Fontes sanitarias informaron de que a muller foi evacuada o Hospital Xeral de Vigo con múltiples traumatismos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar