Detido por acoso sexual a tres mulleres da Terra Chá

   Axentes da Guardia Civil de Vilalba (Lugo) detiveron un home de 34 anos veciño do municipio lucense de Mondoñedo como presunto autor de tres delitos de acoso sexual a tres mulleres da Terra Chá, segundo informaron fontes da investigación.

   Os supostos acosos producíronse ao longo do último ano. Segundo indicaron as mesmas fontes, o primeiro episodio acreditado data de novembro do pasado ano, outro de febreiro de 2013 e o terceiro o pasado setembro.

O día 3 de novembro procedeuse á detención do presunto acosador por parte de axentes do Instituto Armado adscritos ao cuartel da capital da Terra Chá en Vilalba.

O mozo foi posto a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 2 de Vilalba. As mesmas fontes precisaron que a última vítima é filla dun coñecido político da zona.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar