Santiago: Festa da Familia no Multiusos do Sar

Coincidindo co partido da novena xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala que enfrontou ao Santiago Futsal co Jaén Paraíso Interior, viviuse no Multiúsos Fontes do Sar a II Festa da Familia, organizada polo club compostelán en colaboración coa Concellería de Familia e Benestar Social. Foi tamén unha xornada solidaria, na que recolleron doazóns para a campaña Xuntos Podemos.
FEsta familia Multiusos Sar_1

Dende o inicio da Festa, o alcalde compostelán, Ángel Currás, quixo acompañar as familias nesta xornada de lecer familiar. Tamén participou a concelleira de Familia e Benestar Social, María Castelao, e o presidente do Santiago Futsal, Ramón García. Ambos puideron observar como os máis pequenos gozaban con inchables, talleres de maquillaxe, sorteos e moitas outras sorpresas. Ademais, con motivo da festividade do Samaín, todos os afeccionados que acudiron disfrazados, recibiron caramelos e lambetadas cortesía de Pecados de Compostela.

Para completar a festa, continuaron no descanso os sorteos patrocinados por Star Center e Hotel Puerta del Camino, nos que participaron todos os afeccionados disfrazados.

Ademais, recolléronse no pavillón produtos de especial demanda, que logo serán distribuídos entre as familias máis necesitadas de Santiago, dentro da campaña Xuntos Podemos. Aos afeccionados solicitáraselles que levaran produtos como cueiros, pantalóns vaqueiros de home, compresas, produtos de primeira necesidade de bebés (cremas, leite, gasas, alcohol de 70º, biberóns,…), produtos de canastriña, roupa nova de recén nacido, cadeiras de paseo de bebé de primeira e segunda idade, berces, chuvasqueiros novos de neno e nena (entre 3 e 14 años), alimentos de bebé e nenos (leite en po, papillas con caducidade alta…) ou DESA (desfibrilador externo semiautomático).

A xornada festiva rematou da mellor maneira, xa que o Santiago Futsal derrotou ao Jaén Paraíso Interior por 6 a 3.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar