484.000 desprazamentos previstos na ponte de Todos os Santos

trafico

   A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé uns 484.000 desprazamentos na rede viaria do noroeste peninsular na operación especial da ponte de Todos os Santos, que comeza este xoves, día 31.

   Segundo os datos da DGT, recollidos por Europa Press, esta zona, que abarca a toda a Comunidade galega e parte de Asturias e Castela e León, rexistrará un 11 por cento dos 4.400.000 movementos previstos nas estradas españolas.

A operación especial de tráfico desta ponte de Todos os Santos desenvolverase entre as 15.00 horas do xoves 31 de outubro e as 00.00 horas do domingo 3 de novembro.

A DGT avisa de que as estradas de Galicia que se verán afectadas con maior intensidade de tráfico nesta operación especial serán a AP-9, a A-6, A-52, A-55, N-550 e N-634.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar