Rueda recolle en Madrid o Premio á Calidade da Xustiza

Rueda_Premio Calidade Xustiza_2

 

 

 

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda recolleu hoxe en Madrid o “Premio á calidade da Xustiza”, outorgado polo Consello Xeral do Poder Xudicial, polo proceso de informatización levado a cabo no Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA), o que se reflexa nunha estreita colaboración entre os médicos forenses e os órganos xudiciais.

Alfonso Rueda, recibiu este Premio outorgado ao Imelga conxuntamente ca Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e agradeceu en nome de todo o goberno galego este recoñecemento do CXPX na modalidade “Xustiza máis transparente”.

O máximo titular da Xustiza indicou que o goberno galego está levando a cabo dende fai catro anos o Plan de Modernización Tecnolóxica da xustiza, o chamado Plan Senda, que incluíu a informatización do Imelga, a través da melloras dos seus medios técnicos, das súas aplicacións informáticas e a ampliación dos seus servizos para ofrecerlle así aos cidadáns unha xustiza máis áxil, mais eficaz e mais rigorosa.

Grazas tamén ao Plan Senda, o 60 por cento dos xulgados galegos xa dispoñen de internet de 100 megas, sistema de videoconferencia para as salas xudiciais ou dos fiscais, e a finais deste mesmo ano, estará implantado o sistema de gravación de vistas en mais de 70 por cento dos xulgados galegos.

Rueda_Premio Calidade Xustiza_3
A entrega dos Premios foi presidida polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, polo presidente do Tribunal Supremo e do CXPX, Gonzalo Moliner, polo fiscal xeral, Eduardo Torres-Dulce. Tamén asistiron o vicepresidente do CXPX, Fernando de Rosa, e o presidente do Consello Xeral de Colexios de Procuradores, Juan Carlos Estévez.

Os outros galardóns, nas modalidades de “Xustiza máis eficaz” e “Xustiza mais accesible”, foron otorgados ao Servizo común de execucións de Xulgados de Cuenca, ao Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España; aos Xulgados do penal 1 e 3 de Cartagena; á Dirección Xeral de Modernización da Administración de Xustiza da Generalitat de Cataluña; á Consellería de Presidencia e Xustiza de La Rioja; e á Consellería de Xustiza e Interior de Andalucía.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar