Ingresa en prisión o empresario acusado de ameazar á xuiza De Lara

Pilar de Lara, jueza de la Operación Pokémon, accediendo a los Juzgados de Lugo.
Pilar de Lara, jueza de la Operación Pokémon, accediendo a los Juzgados de Lugo.

O xerente da empresa de publicidade Artenosa, Miguel G.G., ingresará esta mesma tarde en prisión tras prestar declaración xudicial na súa condición de acusado por ameazar a xuíza Pilar de Lara. Precisamente, ela é a instrutora dunha operación, a Pokémon, na que el figura como imputado.

Tras a súa detención onte, ás 13.00 horas deste mesmo venres abandonou a comisaría para ofrecer a súa versión sobre os feitos acontecidos na madrugada do mércores en sede xudicial. Tras unhas catro horas de declaración, decretouse o seu traslado a Bonxe de xeito provisional nun furgón policial.

Ata o momento, o home sempre sostivo que «é mentira» que ameazase e increpase a xuíza Pilar de Lara nun restaurante lucense. De feito, explicou que el a denunciou a ela por ameazalo no local.

«Ela ameazoume e posteriormente ela mesma chamou á Policía, mentres eu tiña un ataque de ansiedade», relatou a Europa Press, e tamén precisou que tivo que ser a súa nai a que se encargase da denuncia mentres el ía ao hospital.

OUTRA VERSIÓN

Non obstante, outras fontes consultadas por Europa Press, explicaron que foi este imputado na ‘Pokémon’ quen supostamente increpou e ameazou a Piar de Lara e os seus acompañantes, alegando que o arruinara a vida. Ante as ameazas e insultos, foi requirida a Policía, que desprazou axentes ao lugar e abriu unha investigación.

Esta secuencia dos feitos foi negada polo xerente de Artenosa, empresa adxudicataria ata o pasado mes de maio da concesión da publicidade nos autobuses urbanos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar