Os prezos industriais soben tres décimas, por debaixo da media estatal

   Os prezos industriais subiron sete décimas en xullo en Galicia en relación con xuño e o aumento foi do 0,3% se o índice se compara co mesmo mes de 2012, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

trabajadores industria   No conxunto estatal, os prezos industriais aumentaron un 0,8% en respecto ao mesmo período do ano anterior, mentres que a suba intermensual foi do 0,5%.

Na Comunidade galega, en taxa interanual, os prezos dos bens de consumo mantivéronse sen variación, os dos bens de equipo incrementáronse un 1,8%, os dos intermedios baixaron cinco décimas e os da enerxía aumentaron unha décima.

A variación mensual sitúa os prezos dos bens de consumo en Galicia tres décimas máis baixos que en xuño, son unha décima inferiores os dos bens de equipo e outras tres décimas por debaixo que no sexto mes do ano se atopan os prezos de bens intermedios. Pola súa banda, o valor a enerxía incrementouse un 4,6%.

A Comunidade Autónoma acumula, desta forma, un repunte do 0,7% dos prezos industriais no que vai de ano.

DATOS ESTATAIS

No conxunto do Estado, con este ascenso interanual no sétimo mes do ano, os prezos industriais encadean tres meses en positivo despois de que en abril rexistrasen o seu primeiro descenso dende novembro de 2009.

O repunte interanual de xullo é cinco décimas inferior ao logrado en xuño (+1,3%) e débese, entre outros factores, á evolución do sector enerxético.

En concreto, a enerxía situou en xullo a súa taxa anual no 1,4%, taxa sete décimas inferior á do mes anterior, debido a que os prezos da produción de gas e do refino de petróleo subiron menos en xullo deste ano do que o fixeron en igual mes de 2012.

Así mesmo, os bens de consumo non duradeiro recortaron oito décimas a súa taxa interanual, ata o 2,6%, como consecuencia do descenso de prezos na fabricación de aceites.

Pola súa banda, os bens intermedios reduciron tres décimas a súa taxa anual, ata o -0,6%, o seu valor máis baixo dende xaneiro de 2010, debido á caída de prezos na fabricación de produtos para a alimentación animal e da produción de metais preciosos.

SUBA MENSUAL DO 0,5%

En termos mensuais, os prezos industriais incrementáronse en xullo un 0,5%, con subas do 2,3% na enerxía e do 0,1% nos bens de consumo duradeiro como consecuencia, respectivamente, do encarecemento da produción de enerxía eléctrica e do refino de petróleo, e da fabricación de mobles.

No lado dos descensos, os bens intermedios rebaixaron a súa taxa mensual un 0,5% polo recorte de prezos da fabricación de produtos básicos de ferro, de produtos químicos básicos e de produtos para a alimentación animal.

CATORCE COMUNIDADES EN POSITIVO

En xullo, só tres comunidades rexistraron taxas interanuais negativas nos prezos industriais: Asturias (-2,4%), País Vasco (-0,4%) e Comunidade Valenciana (-0,3%). O resto experimentou taxas positivas, con Baleares (+4,8%) e La Rioja (+3,8%) á cabeza.

Oito rexións recortaron a súa taxa anual de prezos industriais en xullo. Os maiores descensos foron para Andalucía e Madrid, con baixadas de 2,5 e 1,8 puntos nas súas taxas interanuais, ata o 1,8% e o 0,8%, respectivamente.

Os aumentos máis acusados apuntáronllos Baleares e Canarias, con crecementos de 4,9 e 3,3 puntos, ata situar as súas taxas no 4,8% e o 2,3%, respectivamente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar