A Lei de Orzamentos será a prioridade do PP no novo período de sesións

O voceiro do Grupo Popular, Pedro Puy Fraga, sinalou hoxe en rolda de prensa que «a preparación do debate orzamentario e a continuidade dos proxectos de lei de relevancia social e económica, que están en tramitación na actualidade na Cámara, marcarán o inicio do novo período de sesións do curso parlamentario».

Segundo Puy Fraga «a axenda estará marcada pola continuidade do debate do teito de gasto coa aprobación dos orzamentos en función do déficit aprobado polo Consello de Política Fiscal, reducindo apenas o gasto real que vai a realizar a administración e adaptandoo á necesidade do momento».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar