Préstamos subvencionados para inxectar liquidez as explotacións leiteiras

E·xplotación láctea_leiteira

– A Consellería do Medio Rural e do Mar ven de aprobar as axudas que inxectan liquidez a explotacións leiteiras mediante a bonificación dos xuros dos préstamos habilitados a tal fin.

O Departamento que dirixe Rosa Quintana convocou o pasado 12 de abril as axudas destinadas a cubrir as necesidades de liquidez das explotacións leiteiras, mediante a bonificación de xuros dos préstamos que subscribisen os seus titulares coas entidades financeiras que asinaran o correspondente convenio coa Consellería.

Poderían ser beneficiarios das mesmas titulares de explotacións leiteiras que tivesen solicitadas as axudas da PAC do ano 2013, en concreto as de pago único ou as dedicadas a compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores do sector de vacún de leite e que formalizasen ata o 15 de xuño un préstamo con calquera das nove entidades financeiras adheridas ao convenio.

As cantidades polas que se subscribiron os préstamos foron por unha contía máxima equivalente ao 90 por cento das cantidades solicitadas desas axudas.

A axuda consiste na bonificación de 3,30 puntos do tipo de xuro anual sobre o préstamo que o beneficiario subscribira, sendo o xuro total máximo do préstamo subscrito do 5,50%.

Os beneficiarios deste anticipo son un total de 443 solicitantes, cun importe de axuda de 147.000 euros sobre uns préstamos formalizados que acadan os 5 millóns de euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar