Santiago recibe aos participantes na Regata Illas Atlánticas

Currás_Regata Illas Altánticas

O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os participantes na VI edición da Regata Illas Atlánticas. Esta proba de barcos clásicos e de época celébrase os días 23, 24 e 25 de agosto.
A VI edición da Regata Illas Atlánticas-Red Eléctrica, Trofeo Mercedes-Benz, terá como porto piloto o Club Náutico San Vicente, no Grove. Alí atracarán uns 30 barcos galegos, vascos e franceses.

A regata desenvolverase en dúas xornadas no entorno das illas de Sálvora, Ons e Onza, pertencentes ao Parque Nacional Marítimo Terrestres das Illas Atlánticas. Así, o sábado 24 de agosto realizarase unha etapa costeira longa ata as inmediacións de Sanxenxo. A saída dos barcos dende o porto coincidirá co remate da primeira etapa da Volta Ciclista a España. Para o domingo 25 queda outra etapa costeira, de percorrido máis reducido, no entorno das Illas Atlánticas.

Estes eventos de barcos clásicos son habituais en diferentes partes de Europa e tamén en zonas de España como Cataluña ou Baleares, ademais da propia Galicia. De xeito paralelo á regata realizarase un concurso de fotografía aberto patrocinado por El Corte Inglés, que p

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar