O 061 asistíu a 44 personas, das que unha morreu

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 64 persoas debido a 44 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria galega, das que unha faleceu.

A Central de Coordinación do 061 recibiu entre as 15.00 horas do venres e as 23.59 horas do domingo 53 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo, con 18 sinistros.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 64. Así, as ambulancias asistenciais realizaron dúas saídas; as asistenciais, 53; e as convencionais, dous; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en sete ocasións.

En 57 casos os feridos foron levados aos centros hospitalarios correspondentes, cinco recibiron asistencia no lugar do incidente sen necesitar traslado e unha foi atendida nun centro de Atención Primaria e outra faleceu no punto do sinistro.

A proporción de homes atendida foi do 64 por cento e a de mulleres reduciuse ao 36 por cento. En canto ás idades dos feridos, un 46 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e 34 anos.

Pontevedra, con 18, foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 11; Lugo, con oito; e Ourense, con sete.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar