Veciños de Ponte Caldelas retiran os santos da igrexa por un conato de incendio

Santos da Igrexa fóra por incendio

Os veciños da parroquia de Forzáns, situada no municipio pontevedrés de Ponte Caldelas, evacuaron os santos da igrexa da zona tras producirse un conato de incendio no velorio eléctrico, que puido estar causado por un curtocircuíto.

En concreto, a primeira hora deste sábado, un veciño encargado do coidado do exterior do templo observou como do interior saía un escuro fume que fixo que abrise a porta lateral da igrexa parroquial.

Ao entrar, malia a humareda, o home puido sufocar o conato de incendio que se estaba a producir no velorio eléctrico existente preto da porta principal do edificio relixioso.

Ante este feito, mobilizáronse os veciños do lugar, que procederon a evacuar por completo os santos, bancos, alfombras e demais elementos da decoración relixiosa afectados pola intensa humareda negra que impregnaba o edificio.

Este incidente, que puido estar causado por un curtocircuíto no velorio eléctrico existente no templo, prodúcese en vésperas das festas que a parroquia de Forzáns realiza en honra a San Roque, o próximo venres día 16 de agosto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar