Roi Casal e a sua banda chegan a Mondaríz

Roi Casal_xeral concerto

Roi Casal e a súa banda chegan a Mondariz co seu traballo «Máxicamente Vello», co que levan realizado unha xira de máis
de 50 concertos por España e polo que foron galardoados en varias ocasións.

“Este concerto chéganos nun gran momento. Despos de 4 anos de xira, teño o pracer de contar cunha banda plenamente consolidada e para min será un pracer expor en Mondariz, por primeira vez, o meu proxecto musical,” afirma Roi Casal.

O cantante galego porá en escea o espectáculo que o está a levar polas principais festas e celebracións durante o ano 2013. Así, afirma que “a nosa máxima é que o
público desfrute durante unha hora e media. Temos un espectáculo inspirado na música tradicional pero interpretado por unha formación eminentemente pop-rock, que se diferencia polos sons da arpa, a voz de Silvia Ferre e a potencia e caracter que lle imprimen a batería, as eléctricas ou os sintetizadores”.

REFERENTE DA MÚSICA ACTUAL

 

Roi Casal_VCALRoi Casal e a súa banda están considerados como unha das referencias da música actual feita en Galicia, e comparten cartel na xira deste ano con artistas como Chuchito Baldés (20 Xullo, Talavera de la Reina-Toledo-) ou Chenoa e Julieta Venegas (31 de Xullo, Festa do Albariño, Cambados) entre outros.

O concerto está enmarcado dentro da programación das festas patronais do Concello de Mondariz e está patrocinado pola Deputación de Pontevedra. Terá lugar o vindeiro martes 13 de Agosto a partires das 22h30 na Praza de España de Mondariz. A entradaé de balde.

Nacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego de gran virtuosismo, que toca a arpa céltica, a zanfona, e o bouzouki. Formado co mestre Rodrigo Romaní e noConservatorio Superior de Música de Madrid, entrou a formar parte de Milladoiro, o grupo máis internacional da música galega, no ano 2000. Tras case unha década no grupo, no ano 2009 inicia a súa carreira en solitario coa publicación de Lendas douradas, disco galego máis vendido dese ano. En febreiro de 2011 publicou o seu segundo traballo, Maxicamente vello, no que de novo realiza unha interpretación da música galega desde unha visión contemporánea e co que leva a cabo unha importante xira de máis de trinta concertos e recibe varios galardóns.

Na actualidade traballa no seu novo disco que sairá á venda nos vindeiros meses.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar