Extinguido un incendio forestal de 35 hectáreas no concello ourensan de Piñor

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Piñor, na parroquia de Coiras.

O lume iniciouse ás 00:14 horas desta madrugada e quedou extinguido ás 14:51 horas. Segundo estimacións provisionais, a superficie forestal afectada é dunhas 25 hectáreas, das cales 12,5 corresponden a superficie rasa e outras 12,5 a arborada.

Nos traballos de extinción deste incendio participaron 6 axentes, 8 brigadas, 13 motobombas e 1 pala.

Os outros 2 lumes rexistrados neste concello e que non alcanzaron as 20 hectáreas tamén quedaron extinguidos. O rexistrado tamén na parroquia de Coiras, iniciouse ás 23:52 horas de onte e quedou extinguido ás 12:40 de hoxe. O outro rexistrado na parroquia da Corna, iniciouse ás 23:19 da noite de onte e quedou extinguido hoxe ás 12:29 horas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar