Fin de semana de catas nas cinco Rutas dos Viños de Galicia

 

Viños do Ribeiro

– Programa de actividades

Visitas turísticas

Localización dos participantes

 

As cinco rutas dos viños de Galicia, Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras acollen esta fin de semana as II Xornadas de Portas Abertas, nas que colaboran 66 adegas das Denominacións de Orixe Protexidas, que ofrecerán de balde visitas guiadas polas súas instalacións e degustacións dos seus viños.

Dese xeito, nestas adegas desenvolveranse catro pases para as catas e degustacións, dous pola mañá, ás once e media e á unha e outros dous pola tarde, ás cinco e ás seis e media. O domingo haberá o derradeiro pase ás doce da mañá.

En total participan na Xornada de Portas Abertas das Rutas dos Viños máis de cen empresas. Xunto coas visitas guiadas polas adegas, 27 restaurantes das zonas ofrecen dous menús especiais que se compoñen de primeiro e segundo prato, máis sobremesa. Todo isto maridado con viños da Denominación de Orixe do Territorio. O prezo final é de 25€ por persoa co IVE engadido. Estes restaurantes tamén ofrecen menús especiais para menores de 12 anos a un prezo de 10€.

En cada Ruta haberá, ademais, rutas guiadas as vilas ou concellos coma ao conxunto histórico de Ribadavia, ao concello de Vedra ou ao Monforte Medieval. Tamén haberá visitas a distintos enclaves coma ao Castelo de Monterrei, a Reitoral de Santo André de Camporredondo, Monte de Santa Tegra, Pazo de Rubiáns ou ao Museo Etnográfico Municipal de Quiroga, entre outras. O programa completase con actividades relacionadas co mundo do viño coma exposicións fotográficas, rutas dacabalo, conferencias, concursos, xincanas, tren turístico, paseos en barca e descontos en 22 establecementos de aloxamento enclavados nestas cinco Rutas dos Viños de Galicia.

Coincidindo coa xornada celébrase tamén en Pantón a XX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón e as XXVI Xornadas da Rota do Románico.

Concertos gratuítos
Como gran novidade, o sábado ás oito da noite celebrarase un concerto musical gratuíto en cada unha das rutas.

– Así na Ruta do Viño de Monterrei poderase gozar da actuación de Banda Crebinsky no castelo de Monterrei.

– No Ribeiro, o concerto musical celebrarase no Auditorio do Castelo dos Sarmiento en Ribadavia e estará a cargo do grupo AcadaCanto.

– Na Ruta do Viño das Rías Baixas actuará o grupo Eladio y los Seres Queridos no Salón Jose Peña de Cambados.

– Na Ribeira Sacra o concerto será de Nadjla Shami na Igrexa dos Escolapios de Monforte de Lemos.

– E na Ruta dos Viños de Valdeorras o concerto correrá a cargo do grupo Los Chavales no Cine Centro Cultural Avenida da Rúa.

Información na web de Turgalicia
Toda a información pormenorizada desta xornada está dispoñible na páxina: www.turgalicia.es. Nesta web tamén se pode atopar un folleto descargable, que tamén está a disposición dos interesados nas oficinas de Turismo de Galicia. Este folleto ven acompañado dun mapa de Galicia onde están sinalizadas as cinco Denominacións de Orixe: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras con todas as adegas, restaurantes e aloxamentos participantes.

App enoturismo
Como valor engadido a este programa e tamén integrado no Plan de Gastronomía de Galicia, deseñouse unha ferramenta para promocionar o enoturismo utilizando as tecnoloxías dos teléfonos intelixentes.

Esta aplicación é gratuíta e pódese buscar nas bibliotecas ou app stores dos móviles de última xeración (Iphone, Android ou Blackberry) tecleando as palabras ENOTURISMO GALICIA.

A información actualizase en tempo real cada vez que se introduce nova información na web de Turismo de Galicia e proporciónase en tres idiomas: galego castelán e inglés, de xeito que o usuario opta polo idioma que prefira dende a primeira pantalla de presentación.

Concurso Turismo de Galicia
Poutra parte, Turismo de Galicia, desenvolveu na rede social Facebook un concurso, no que se sortearon 18 estancias para dúas persoas, unha en cada un dos establecementos turísticos asociados a esta promoción. Son estancias para dúas persoas que inclúen o aloxamento da noite do sábado 1 de xuño, e o almorzo do domingo 2 de xuño. Púidose participar nesta promoción a través da conta de Facebook de Turgalicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar