O TC admite a trámite a posible inconstitucionalidade da supresón da paga extra

Tribunal Constitucional_portada

   O Pleno do Tribunal Constitucional admitiu a trámite a cuestión de inconstitucionalidade que formulou a Sala do Social da Audiencia Nacional sobre a supresión da paga extraordinaria de decembro ao persoal laboral do sector público.

   A Audiencia entendía que podería ser ilegal tomar esta medida con carácter retroactivo, polo que pediu ao TC que se pronunciase sobre esta cuestión. Agora, o Alto Tribunal, nunha providencia datada o pasado 22 de maio, aceptou a cuestión formulada pola Audiencia Nacional.

Nunha resolución coñecida o pasado 1 de marzo, os maxistrados da Audiencia Nacional sinalaban que a situación actual, «altamente inquietante e de dimensións extraordinarias, probablemente xustifique medidas restritivas de dereitos» como as que se adoptaron nos últimos tempos, pero precisaban que iso «non abre a porta, sen máis, a que esas restricións operen de modo retroactivo».

Por iso, a Sala Social da Audiencia Nacional pedía o tribunal de garantías que resolvese se o Real Decreto 20/2012, que supuxo a supresión da extra de decembro, contravén o artigo 9.3 da Constitución Española, que impide aplicar as normas con efectos retroactivos.

Para os maxistrados da Audiencia Nacional, este caso non cumpre coas «esixencias cualificadas» que o Tribunal Constitucional demanda para poder aplicar unha medida que restrinxa dereitos fundamentais.

«A noso entender, a redución do déficit público pode xustificar moitas cousas, pero non reúne a nota de cualificación absolutamente excepcional que sería necesaria. É xustamente o interese xeral o que se ataca cando se nega aos que xa prestaron os seus servizos o dereito a percibir o salario correspondente», explicaban no auto, no que aclaraban que non se referían aos funcionarios, senón só ao persoal laboral.

A Audiencia recordaba no seu escrito que existe doutrina do Tribunal Supremo na que se establece que a paga extra se devengar día a día, aínda que se pague ao final de cada semestre.

Neste caso concreto, a norma que suprimía esta remuneración entrou en vigor o 15 de xullo de 2012, co que 14 días xa se devengar, posto que o 30 de xuño se pagara a extra do primeiro semestre.

A resolución que emitiu a Audiencia respondía a un recurso presentado por representantes sindicais da Compañía Española de Tabaco en Rama (Cetarsa), participada maioritaria e directamente pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar