Policia autonómica e gardacostas rexistran depuradoras da Coruña e Pontevedra

Ducias de axentes da Policía Autonómica e persoal de Gardacostas de Galicia están a practicar rexistros en varias depuradoras das rías de Arousa e Pontevedra.
O eixe deste operativo está sendo a localidade pontevedresa de Cambados, onde entraron en varios negocios relacionados coa comercialización de marisco.
Por agora non transcenderon os motivos deste amplo despregamento de axentes. No veciño concello do Grove tamén se están a realizar rexistros nalgunha depuradora.
Na bisbarra de Barbanza, concretamente no municipio de Boiro, Policía e Gardacostas de Galicia tamén están revisan outras depuradoras na parroquia do Castro.
A operación ten lugar semanas despois de que Policía Autonómica e Gardacostas de Galicia, xa localizasen depuradoras ilegais en Boiro e Cambados.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar