O PPdeG califica de «ambiciosa» a lei do emprendemento, que simplifica os trámites

Belen Prado_rolda PPdeGalicia

A voceira do PPdeG, Paula Prado, destacou hoxe que Galicia é pioneira nunha lei que lles pon “alfombra vermella” a aqueles que decidan emprender un negocio ou poñer en marcha unha empresa.

Así se refería a voceira dos populares galegos á Lei de Emprendemento na que está avanzando o Goberno galego e tamén fixo alusión á Lei de Emprendedores que hoxe aproba o Consello de Ministros. Con respecto a isto, asegurou que para os populares o emprendemento é o eixo da recuperación económica.

Prado fixo fincapé en que o Goberno galego é un aliado dos emprendedores e, por iso, vai eliminar as trabas burocráticas que supón montar un negocio e favorecerá os investimentos. Trátase de que a apertura dunha empresa en Galicia sexa inmediata.

Para a dirixente popular, a Lei do Emprendemento é ambiciosa, establece facilidades no ámbito administrativo e favorece os incentivos fiscais. Supón, polo tanto, máis axudas aos emprendedores e menos trabas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar