A veciñanza de Raxó, en Teo, lembra nas suas festas os compromisos incumpridos do Concello

Virxe das Cabezas_Teo_1

Un ano máis, chega a festa “das Cabezas” -Raxó, Cacheiras- sen terse cumprido a promesa. Hai xa catro anos que o Concello se comprometera a asfaltar e entubar a zona, concretamente a cuneta que vai dende o Cruceiro de Raxó ata o campo da festa; ademáis de pasar por toda a fronte deste, chega a ter un metro de profundidade en certos puntos. Convén recordar que por aquel entonces a veciñanza autorizou dita canalización coas súas firmas e foron entregadas no concello nominalmente ao concelleiro Rafael Sisto.

A esta promesa, ademáis, sumábase o compromiso de botar grava baixo os carballos situados fronte ao cruceiro.
Pero pouco a pouco a zona vaise deteriorando e dende haitempo o Grupo Popular do Concello vén demandando unha mellora para os importantes desperfectos que sofre o firme do vial que vai de Raxó cara Procelas. Tamén resulta de imperiosa necesidade darlle unha solución á auga que cruza a estrada dende a Casa da Capilla, xa que cando chove a zona convírtese en intransitable e os peóns vense na obriga de saírse do tramo asfaltado e camiñar polas leiras que, en momentos de fortes chuvias, tamén soen atoparse inundadas.

Virxe das Cabezas_Teo_2

Ante esta vella demanda, o portavoz municipal do PP, José Manuel Guerra responde ás últimas declaracións de Noriega nas que aseveraba sentirse compracido “de manter os servizos básicos”. Guerra resposta que “levamos dous anos poñendo de relevo o deterioro que está a sufrir o Concello nesta lexislatura; saneamento e rede viaria están a ser as grandes esquecidas polo equipo de goberno, cunha inexistente folla de ruta que obriga facer unha política “a salto de mata”, nunca mellor dito. Quero que me explique o Sr. Noriega cales son eses servizos básicos que di que mantén”.

Engade Guerra que «a coación disto, na última reunión mantida polo grupo popular facían unha clara petición en alto: “A fonda débeda na que este concello sumiu as arcas públicas non lle permiten acometer novos proxectos de envergadura, pero polo menos pregamos que se conserve en correcto estado o que xa temos”.

DEMANDAS DO PP

A todas as melloras detalladas para a zona de Raxó, na última instancia presentada polo grupo se engadían varais actuacións: A auga que sae do muíño desenboca no sumidoiro de pluviais; nos momentos en que a chuvia é intensa, a estrada vese asolagada.

Asimesmo, solicitábase sinalización para que no pequeño núcleo que hai entorno ao Bar Canicova se reduza a velocidade e tamén darlle solución a auga que mana no cruce dirección á Devesa.

Por todo elo, o Grupo Popular solicita que “se tomen en consideración os problemas ocasionados, durante tanto tempo aos veciños, e se lle dea unha solución efectiva e definitiva.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar