Os galegos cobran un 25,7% menos que a media dos europeos

   Os traballadores galegos cobran, de media, un 25,7% menos que os cidadáns dos países da Unión Europea e ingresan un salario ordinario bruto mensual de 1.439 euros, o que os deixa tamén un 12,5% da  media española, de acordo cos datos dun estudio sobre a evolución das retribucións realizado por Adecco.

   O informe indica que le salario medio nos 27 países da UE sitúase nos 1.936 euros mensuais, de modo que a remuneración media galega está 497 euros por debaixo. Isto deixa a Galicia entre os países con retribucións baixas, pero na parte alta deste grupo.

trabajadores oficina   Non obstante, o nivel salarial galego está por enriba do que hai en 12 países comunitarios e a maior brecha prodúcese na comparación con Bulgaria (onde a media é de 291 euros mensuais); Romanía (375 euros mensuais) e Lituania (482 euros).

En cambio, os países con maiores salarios chegan a multiplicar por 2,5 a media galega. É o caso de Noruega, con 3.664 euros mensuais, e de Dinamarca, con 3.572. En calquera caso, apunta Adecco, se se comparan os salarios galegos cos do país cos soldos máis baixos dentro do grupo dos que os teñen máis elevados (que é Alemaña), a diferenza é de 982 euros.

O estudio indica tamén que a media dos salarios en España se sitúa en 1.639 euros, o que supón que os galegos ingresan 205 euros menos ao mes, de media. Non obstante, entre 2008 e 2012 a remuneración aumentou un 6% en Galicia, fronte ao 5% de España.

Por sectores, tendo en conta os tres maiores –industria, construción e servizos–, é o da industria o que rexistra maiores salarios en Galicia, cunha media de 1.678 euros, unha cantidade que supera un 9,1% a media autonómica.

Non obstante, os servizos teñen unha remuneración de 1.402 euros, un 2,2% por debaixo da media galega. En canto á construción, o salario medio é de 1.422, similar á media da comunidade. En calquera caso, os tres sectores rexistran cifras inferiores ás medias nacionais respectivas.

O estudio indica que, se se ten en conta a evolución dos prezos, entre 2008 e 2012 o salario medio galego sufriu unha perda de poder adquisitivo do 1,1%. Este descenso é inferior ao estatal, que chegou ao 2,3% no mesmo período.

COMPARACIÓN CON OUTRAS COMUNIDADES

O salario medio galego é o terceiro máis reducido entre as comunidades autónomas e supera unicamente aos de Canarias (1.396 euros) e Extremadura (1.387 euros). Ademais, a galega é a comunidade na que máis descendeu o salario en 2012, cun retroceso do 0,9%.

Deste modo, un galego cobra de media 523 euros menos ao mes que un vasco ou 456 euros menos que un madrileño.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar