Vinte embaixadores da UE debaten hoxe e mañá en Santiago sobre os fondos europeos

Unha delegación de embaixadores dos países da Unión Europea en España chega hoxe a Galicia, cunha axenda que xirará en torno a tres eixes: fondos europeos, sectores produtivos da economía e cultura; na liña da presidencia irlandesa da UE neste primeiro semestre do ano.

Tratase dunha vintena de embaixadores da Unión Europea acreditados en España, o director da Oficina da Comisión Europea en Madrid e o embaixador de Croacia en España, xa que Croacia convertérase no Estado numero 28 da UE o vindeiro mes de xullo.

Durante analizarán asuntos como a correcta utilización dos fondos europeos que ten feito en Galicia e que permitiu á nosa rexión abandonar a categoría de rexións menos desenvolvidas en menos dunha década. Con este obxectivo, realizarán visitas de traballo a proxectos tecnolóxicos e de I+D+i como o Centro de Investigación Molecular e Enfermidades Crónicas da USC ou o proxecto ‘Smart City’ da Coruña.

FEIÓO, RELATOR

Neste sentido, hai que lembrar que a pasada semana o Comité das Rexións designou a Alberto Núñez Feijóo como relator dun ditame sobre como gastar mellor os fondos europeos, a partir da experiencia dos entes rexionais e locais galegos na súa execución. A elección do presidente da Xunta supón un recoñecemento ao bo uso e á experiencia na xestión eficiente dos fondos da UE que ten realizado Galicia dende que comezara a recibir axudas estruturais, no ano 1986.

Outra das prioridades da Presidencia irlandesa -organizadora da visita- será dinamizar a economía, creando emprego, garantindo o crecemento e apostando pola innovación e a internacionalización. Neste sentido, incluirase na axenda dos embaixadores a visita a dúas empresas galegas de referencia: a compañía agro-ganadera Feiraco e o grupo textil Inditex.

Así mesmo, manterán encontros co director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e coa Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. O obxectivo da primeira reunión de traballo e presentarlles as grandes áreas de actuación da Xunta para promover o desenvolvemento de Galicia nos próximo anos, na liña da Estratexia UE2020. Pola súa banda, Quintana explicaralles a postura de Galicia ante a PAC e a PCP e, sobre todo, a importancia do sector primario na economía galega.

Por último, a visita institucional tratará de resaltar os vínculos culturas que unen Galicia con Irlanda. Neste sentido, os embaixadores mostráronse moi interesados na Ruta Xacobea, conscientes do papel que eses itinerarios desempeñaron no desenvolvemento da unidade europea. Por outra parte, proxectase que a Cidade da Cultura albergue unha importante exposición itinerante sobre a emigración dos irlandeses na Europa dos Séculos XVI e XVII.

Maior visibilidade e apoio para conseguir fondos
Con esta visita, a Xunta busca incrementar a visibilidade da nosa Comunidade autónoma en Europa, fomentando o interese por aqueles aspectos económicos e culturais máis salientables. Ademais, esta visita dos embaixadores da UE supón un primeiro achegamento para eventuais contactos bilaterais en sectores de interese para Galicia.

Desde o punto de vista dos fondos europeos, será un respaldo a boa execución dos mesmos na nosa rexión e proporcionará visibilidade á postura galega na recta final das negociacións do Marco Financeiro Plurianual 14-20, en cuxo preacordo o Consello europeo contemplou as nosas demandas dunha rede de seguridade, que suporía arredor de 2.000 millóns de euros de fondos para Galicia.

Por último, este encontro tamén será un bo escaparate para a promoción do Camiño de Santiago e da Cidade da Cultura, entendida como polo cultural de gran envergadura, dedicado ao coñecemento e a creatividade contemporánea de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar