A Real Academia recoñece o legado «insobornable» de Vidal Bolaño

Dia das Letras 2013_acto da Academia.jg

A Real Academia Galega celebrou este venres un plenario extraordinario na cidade de Santiago con motivo do Día das Letras Galegas para recoñecer o legado de «pallaso incómodo» e de «insubornable compromiso» ético coa lingua galega, segundo destacou Francisco Fernández Rei, un dos académicos que tomaron a palabra para analizar a súa obra literaria desde diferentes perspectivas.

Este acto celebrado no Teatro Principal de Santiago, tras poñerse unha placa na casa natal de Vidal Bolaño –no barrio de Vista Alegre– estivo marcado pola intervención final do presidente da RAG, Alonso Montero, quen no seu primeiro evento das Letras Galegas neste cargo, virouse cara ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para esixirlle «apoiar» a «a cultura, o teatro e as voces críticas» de Galicia.

E é que Alonso Montero valorou o labor de dramaturgos como Vidal Bolaño, a quen recoñece a Academia este venres, para «liberar» á cidadanía de «a tiranía do mercado». «Porque tamén vostede e todos nós somos vítimas do mercado», advertiu o presidente da RAG a Núñez Feijóo no peche.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar