O xuíz Taín falará en Pontevedra da súa novela “Santiago, la leyenda del santo oculto”

O xuíz José Antonio Vázquez Taín disertará sobre o contido, a investigación e a elaboración que rematou na súa novela “Santiago. La leyenda del santo oculto”, este xoves día 16 na cidade de Pontevedra. O escritor novel foi invitado polo Liceo Casino de Pontevedra, acto que se inclúe nas actividades culturais que ven programando a institución. O autor asinará exemplares do seu libro ao remate da conferencia.

Taín_Santo Oculto_completaA novela

O segredo intemporal do sepulcro do Apóstolo, baixo a Catedral de Santiago, a desaparición do Códice Calixtino, o enigma da estrela e unha investigación policial sorprendente, son as pegadas de identidade da publicación “Santiago. La leyenda del santo oculto”. Unha viaxe introspectiva do autor, José Antonio Vázquez Taín, que ven de editar Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións.
O texto recrea o mito do Apóstolo e o descubrimento do seu sepulcro, conectándoo literariamente coa realidade máis actual. Un salto no tempo, desde o século IX ata o XXI, que o autor coordina maxistralmente logrando capturar a atención do lector desde a primeira á derradeira páxina do libro.

A publicación, editada por Teófilo Edicións, foi prologada polo xornalista Fernando Ónega, é un meticuloso traballo dun autor novel no ámbito das letras, quen desde a súa inventiva, unha minuciosa labor inspeccionadora, e a súa exquisitez nos detalles, revélase como un grande novelista. Descubriremos nesta obra un escritor que foi quen de realizar unha excelente arquitectura literaria.

Xuíz Taín 2O autor

José Antonio Vázquez Taín, ourensán nado en Zarracós, municipio de A Merca, é coñecido polos éxitos da súa carreira xudicial que iniciou no ano 1998. Na actualidade é Maxistrado do Xulgado de Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

O espírito de superación, o amor pola vida e pola súa terra, a humildade e un compromiso inalterable coa Xustiza, definen a personalidade do autor, quedando patente nesta a súa primeira experiencia literaria.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar