Homenaje al presidente del Constitucional, Pascual Sala, en la Casa de Galicia en Madrid

Homenaxe Pascual Sala_Casa de Galicia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde no acto de imposición da Insignia de Ouro da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) ao presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala.

O vicepresidente da Xunta destacou a traxectoria profesional de Sala, que o ten levado a presidir institucións de gran calado na sociedade como o Tribunal de Contas, o Tribunal Supremo e o Consello Xeral do Poder Xudicial, antes de ser nomeado en 2011 titular do Tribunal Constitucional.

Así mesmo, Rueda explicou que, a pesares de ser valenciano, a relación de Sala con Galicia é moi fonda, como demostra a súa presenza habitual nas Xornadas Xurídicas de Sarria (Lugo). Precisamente, anunciou que a finais deste mes celebrarase a sétima edición deste evento, cuxa inauguración recaerá nas mans do presidente do Tribunal Constitucional.

O acto celebrouse na Casa de Galicia en Madrid e tivo como anfitrión ao seu director, José Ramón Ónega, que expresou o gran papel que fan asociacións como Iurisgama nun momento histórico como o presente, especialmente tendo en conta que “o dereito, como substrato imprescindible da organización social, é, sen dúbida, o instrumento que pode axudar a paliar a crise que vive la sociedade internacional e, en particular, a nosa”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar