O Premio Trasalba recae en Cristina Pato

    A xunta de goberno da Fundación Otero Pedrayo cristina_pato decidiu este luns outorgar o XXXI Premio Trasalba á gaiteira Cristina Pato, en  recoñecemento da súa proxección internacional e pola defensa da cultura galega.

Así, a Fundación valorou especialmente “a necesidade de incorporar facianass novas, novas linguaxes e novos xeitos de facer, na liña da universalización” da cultura galega, en consonancia co espírito de “universalidad” que “caracterizou aos homes da xeración Nós”

Neste sentido, recordan que Cristina Pato “leva a cultura e a música galega por todo o mundo”, e colabora activamente no mundo desde a súa residencia nos Estados Unidos, o que a converte en “unha das primeiras embaixadoras culturais” de Galicia.

Como é tradicional, a Festa Literaria de Trasalba celebrarase na Casa Grande de Cimadevila o próximo 30 de xuño. Con motivo deste premio a Fundación editará un libro con recordos do acontecemento e nel Cristina Pato incluirá un CD con composicións propias.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar