Manu Chao protagoniza hoxe o día grande de «Reperkusión» en Ourense

Manu Chao

Manu Chao protagoniza hoxe o día grande de Reperkusión’13, que arrincou onte venres na Cidade dos Muchachos de Bemposta (Ourense). O artista franco-galego volve ao escenario principal do Festival, contra a media noite, acompañado por La Ventura, para ofrecer un dos seus espectaculares shows de máis de dúas horas de enerxía nos que interpreta himnos coñecidos por todos. O día comezacon obradoiros de circo que darán integrantes do Circo dos Muchachos. As actividades de día serán de balde e as entradas para os concertos da noite custarán 25€. A organización espera repetir o éxito da pasada edición, na que máis de 21.000 persoas pasaron por Bemposta, en Ourense cidade.

Reperkusión_Ouense_1

Tamén hoxe actúan no escenario principal a Banda Fura Fura, que xunta a algúns dos músicos e cantantes máis recoñecidos da escena rock galega para reinterpretar temas do Zeca Afonso; e Haydamaky, estrelas da escena alternativa de Ucraína coa súa fusión de rock, ska e punk mesturados cos sons tradicionais do seu país. Hadri Hache encargarase da sesión dj neste escenario. Antes, ao longo da tarde e até xa entrada a noite, actuarán no escenario de día, de acceso gratuíto, outro catro grupos: os galegos Guezos, os asturianos La Tarrancha e os cataláns Rimbarán, elixidos o público a través de Facebook, e La Sonajera Ravalera, proxecto esporádico que une no escenario a El Rumbao (Galicia-Colombia), Chamito (Venezuela) e Daniel Lança (Portugal). Tamén haberá humor e circo, co monologuista Quequé, famoso polas súas aparicións en televisión.

O festival rematará mañá domingocun fin de festa de acceso gratuíto. Ao longo da tarde actuarán Chimango, arxentino que expresa como ninguén a enerxía urxente da rumba barcelonesa; a banda ska-punk-folk galega The Skarnivals; os ourensáns Ménage à Trois e a súa fusión de ritmos bailables; e XeRock, grupo de rock formado por usuarios e traballadores do Centro de atención a discapacitados intelectuais San Xerome da Guarda (Pontevedra). Tamén se celebrará a xa clásica Olimpíada de Malabares.

60 HORAS DE FESTICUTURA

O XI Festival Reperkusión que ofrecerá preto de 60 horas de programación de todas as disciplinas e para todos os Repekusión_2públicos. Concertos no escenario de día, pasacalles, circo, talleres, olimpíada de malabares, mercado de artesanía… o 80% das actividades do Festival son libres e gratuítas e están pensadas para toda a familia. Hoxe venres encárganse de caldear o ambiente da Cidade dos Muchachos a charanga Fanfarria Taquikardia, formada por compoñentes dalgúns dos grupos galegos máis destacados; a compañía Cair Circo, especialistas en transformar o absurdo en diversión; o clown irreverente Peter Punk e o Pai Merino e o seu espectáculo “A.M.E.N.” (Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas).

A organización recorda que en Bemposta non hai espazo para aparcar, polo que recomendan deixar o coche en Expourense e subir ata o Festival en bus. Urbanos de Ourense reforzará as liñas 14, 33 e 25A (o Moucho Bus) e porá dous buses especiais dende o Parque de San Lázaro. Todas as liñas pasarán polas inmediacións de Expourense e o Pavillón Paco Paz. Os horarios están dispoñibles na web do Festival.

A axenda completa de actividades é a seguinte:

Sábado 11 de maio
Escenario de día (de balde)
Taller de malabares 12:00h
Sesión de ioga da risa 13:00h
La Tarrancha 17:00h
Cair Circo 18:00h
Guezos 18:30h
Quequé 19:30h

Web de Reperkusión

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar