35 vítimas mortais en estradas no que vai de ano

 

   Un total de 35 persoas faleceron nas estradas galegas no que vai de 2013, dous menos que as rexistradas no mesmo período de 2012. Mentres, durante o pasado faleceron nas estradas galegas 142 persoas, dous Accidentemenos que en 2011.

   Así o manifestou o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, tras a reunión da comisión autonómica de seguridade vial. Ademais, destacou o descenso «significativo» no número de vítimas mortais entre os menores de 25 anos que se reduce «practicamente á metade» nos últimos anos.

«As persoas novas están a reaccionar dun xeito máis claro a estas campañas de concienciación», afirmou o delegado do Goberno en Galicia. En canto ao balance de 2012, producíronse 142 vítimas mortais nas estradas galegas, o que supón unha redución de dous falecidos respecto ás cifras de 2011, cando morreron nas estradas galegas 144 persoas.

«É unha redución moito máis importante se nos retrotraemos a 10 anos atrás, no ano 2003 eran practicamente o triplo de vítimas», indicou Juárez, quen concretou que das 142 vítimas de 2012, 117 producíronse en vías interurbanas.

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN

Ademais, Samuel Juárez destacou o número de vítimas en atropelos en Galicia e que se sitúa en 19 no ano 2012, un menos que os rexistrados en 2011, segundo indicou.

Por iso, ante estas cifras, Juárez anunciou que despois do verán se porá en marcha unha campaña de concienciación para reducir o número de atropelos en Galicia. «Impartirase unha serie de formación e de divulgación para concienciar as persoas maiores para tratar de reducir este tipo de sinistros», explicou.

UNIDADES DE ATENCIÓN

Tamén destacou o funcionamento da nova unidade de atención ás vítimas de accidentes de tráfico, ás que a puiden acceder, segundo indicou, a través de Internet, do teléfono ou nas oficinas da DGT.

«A busca que sexan un primeiro recurso ao que poden acceder esas vítimas para que lles orienten sobre calquera aspecto que teña que ver co sinistro e coas consecuencias», comentou o delegado do Goberno.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar