O mexillón galego, mascota da Volta Ciclista a España

Mejillon Rias Biaxas mascota Vuelta Ciclista a España

A Volta Ciclista a España terá mascota galega, que foi presentada este luns en Pontevedra. Trátase dun mexillón das Rías Baixas bautizado como ‘Mexi-Llón’.

É un deseño de Pepe Carreiro, autor dos Bolechas, e este luns foi presentado aos medios de comunicación como «o mellor dos representantes das Rías Baixas, san, deportista e cen por cento galego».

Mexi-LlonO director xeral de Unipublic, Javier Guillén, anunciou que no mes de xullo empezará a promoción desta «icona que enlaza co que quere La Vuelta» a través de diversas actuacións e marchandizaxe. Ademais é a primeira ocasión na que La Vuelta ten mascota.

Por primeira vez, a provincia de Pontevedra acolle a saída oficial desta proba deportiva que terá lugar o 24 de agosto, así como as catro primeiras etapas que transcorrerán pola provincia: Vilanova-Sanxenxo, Vigo-Mirador do Monte Lobeira, Pontevedra-Baiona e Lalín/A Estrada-Fisterra (A Coruña).

Este ano a Deputación de Pontevedra quere aproveitar o tirón da 68 edición dá La Vuelta Ciclista a España 2013 para promover o destino provincia de Pontevedra-Rías Baixas por toda España e para dar a coñecer as paisaxes, produtos, cultura, historia, festas, encantos naturais, posibilidades de ocio, entre outros aspectos. Para iso destinouse un presuposto de 123.400 euros.

Trátase, en palabras do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, dun «esforzo que serve para todos e sobre todo, para o espectro socioeconómico das Rías Baixas,».

PROMOVER A PROVINCIA

Deste modo, Pontevedra nas 21 saídas e 21 metas e por todo o itinerario que vai percorrer esta volta ciclista, vai promover a provincia dando a coñecer un dous produtos máis representativos das Rías Baixas e de Galicia: o mexillón, primeiro produto do mar en Europa en obter o distintivo de calidade Denominación de Orixe Protexida», manifestou o presidente do Conselo Regulador do Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde.

A campaña terá unha ampla repercusión, a través de TVE, La 2 e Teledeporte, así como nas chegadas e saídas de etapa e no curso da carreira que, o ano pasado, alcanzou 2,2 millóns de espectadores en directo nas propias estradas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar