Deputación-Confederación de Empresarios: Traballar xuntos «por e para Ourense»

Baltar_novo presidente CEO O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse co novo presidente da Confederación Empresarial de Ourense, Jose Manuel Pérez Canal, para poñer en marcha un novo plan de colaboración entre ambos xa que, segundo palabras do propio presidente da Deputación, “sólo hai unha guía e esa é Ourense”.

Manuel Baltar, insistíu en que se debía desterrar a palabra “victimismo” que tan arraigada está actualmente e que debe ser exterminada de maneira radical.

Durante a reunión acordaron una nova etapa de colaboración, na que o Presidente da Deputación fixo especial fincapé en que a Institución está disposta a colaborar de maneira absoluta coa CEO en todo o que precise.

OBSERVATORIO ECONÓMICO

Ademais o presidente da Deputación de Ourense, aproveitou para falar do Observatorio Económico Provincial que se trata dunha iniciativa que a Institución vai a poñer en marcha para saber cál é a situación económica de partida non só da provincia, senón tamén das comarcas e concellos de Ourense. Manuel Baltar recalcou que a Deputación está disposta a colaborar coas aportacións que poida facer a Confederación Empresarial de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar