Aumenta un 69% el turismo rural

 

   As pernoctacións en aloxamentos de turismo rural aumentaron en Galicia en marzo este ano un 69 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior, se ben é preciso ter en conta que en 2013 coincidiu que a Semana Santa caeu no terceiro mes, mentres que en 2012 comezou en abril. Deste xeito, a Comunidade galega contabilizou 15.677 pernoctacións en marzo deste ano, fronte ás 9.257 do ano anterior.

Casa turismo rural

En canto aos viaxeiros que utilizaron este tipo de aloxamentos tamén se produciu un aumento con respecto ao ano anterior. Se en 2012 foron 6.485 os turistas que chegaron a este tipo de establecementos, o mes de marzo deste ano a cifra elevouse a 8.172, producíndose un aumento do 26 por cento.

En Galicia existen 521 aloxamentos rurais aproximadamente, que contan cunhas 6.470 prazas. O grao de ocupación por prazas, no mes de marzo, foi de 7,8 durante a semana e do 13,72 por cento, as fins de semana.

NA MODALIDADE DE CASA RURAL

De todos os viaxeiros que empregaron un aloxamento de turismo rural, 4.966 fixérono en casas rurais, cun total de 10.187 pernoctacións, fronte ás 5.685 de 2012, un aumento do 44,2 por cento. A estanza media dos viaxeiros, que se incrementaron nun 21,6 por cento, foi de 2,05 días.

O grao de ocupación por prazas nas casas rurais foi de 7,62, durante a semana, mentres que a taxa era de 14,18 a fin de semana. Existen uns 367 establecementos, con 558 persoas empregadas.

APARTAMENTOS TURÍSTICOS

Durante o mes de marzo de 2013, Galicia rexistrou 3.395 viaxeiros en apartamentos turísticos, un 5 por cento máis que no mesmo mes do ano anterior, cando se contabilizaron 3.225 turistas.

En total, realizaron 10.140 pernoctacións cunha estanza media de 2,99 días, fronte ás 9.082 pernoctaciones de marzo de 2012, é dicir, un 10,4 por cento máis.

Nos cámpings galegos, uns 28 con capacidade para 8.797 prazas, rexistráronse 1.028 viaxeiros en marzo de 2012, que pasaron 3.623 noites, cunha estanza media de 3,53 días.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar