A Policía autonómica deten a doce presuntos autores de incendios forestais

A Policía Autonómica vén de informar da detención de doce persoas coma presuntos autores de incendios forestais nos concellos de Val do Dubra, Boimorto, Boqueixón, O Pino, Rois, Brión e Vimianzo, na provincia de A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Arbo e Ponteareas, na provincia de Pontevedra; e Ourense e Viana do Bolo, na provincia de Ourense.

A Policía Autonómica da Xefatura de Santiago detiveron a un veciño da parroquia de Buxán, Concello de Rois, como autor de 2 incendios forestais ocorridos o 22 deste mes, no lugar de Formarís, parroquia de San Mamede, do mesmo Concello. O primeiro dos lumes afectou a unha superficie de 26.100 metros cadrados de arborado, mentres que o segundo afectou á 5.000 metros cadrados de arborado. Grazas á colaboración cidadá e dos medios de extinción conseguiuse información para identificar e localizar ao autor dos incendios quen, ao ser requirido, recoñeceu a autoría dos feitos. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrucción en Funcións de Garda de Padrón, que ordenou o seu traslado e ingreso en prisión.

Policías da mesma xefatura de Santiago procederon á detención dun veciño de Val do Dubra coma autor dun incendio forestal no mesmo concello que afectou a 5.000 metros cadrados de monte raso e 50.000 metros de arborado, no que non se tomaron as medidas de seguridade preceptivas. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Ordes

Outro dos imputados é un veciño do concello de Boimorto como autor dun incendio no mesmo concello, que afectou a unha superficie de 10.000 metros cadrados de monte raso e 1.000 de arborado, no que non se tomaron as medidas de seguridade preceptivas. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Arzúa.

Unha veciña de Boqueixón foi detida coma autora dun incendio forestal imprudente no lugar de Eirexe de Lamas, da parroquia de Sergude no mesmo concello de Boqueixón. O lume afectou a unha superficie de 500 metros cadrados de arborado. As lapas propagáronse rápidamente, xa que a imputada botou unhas brasas incandescentes da barbacoa nunha cuneta. Estes feitos foron corroborados polos policías que observaron varios amoreamentos ao carón da estrada e moi preto da vivenda de anteriores ocasións, e a imputada recoñeceu a súa participación nos feitos. Foron instruidas dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución en Funcións de Garda de Santiago de Compostela.

Outro dos imputados foi un veciño da parroquia de Budiño, concello do Pino , como autor dun incendio forestal imprudente ocorrido o día 22, no lugar da Fontaíña, da mesma parroquia. O lume afectou a unha superficie de 7.000 metros cadrados de arborado. O incendio iniciouse pola realización dunha queima de restos forestais, para a cal non contaba con autorización nesa finca, e na que non se adoptaron as medidas de seguridade preceptivas, véndose favorecido o lume polas favorables condicións climatolóxicas. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución en Funcións de Garda de Arzúa.

Policías do mesmo equipo imputaron tamén a un veciño da parroquia de Santa María de Cornanda, no concello de Brión, como autor dun incendio forestal imprudente ocorrido o derradeiro 19 deste mes no lugar da Cornanda, da mesma parroquia. O lume afectou a unha superficie de 62.000 metros cadrados de arborado e 5.000 metros cadrados de raso, e no que non se tomaron as medidas de seguridade axeitadas para a realización da mesma. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución e Primeira Instancia de Negreira.

E o ultimo imputado pola Policía Autonómica na provincia de A Coruña foi un veciño da parroquia de Baíñas, no concello de Vimianzo, como autor dun incendio forestal intencionado na realización dunha “queima en pé”, que consiste en aplicar directamente lume na vexetación para queimar, sen contar previamente e amorear os restos vexetais, nunha finca da súa propiedade e que se propagou, non afectando a máis superficie grazas á actuación do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia. O incendio tivo lugar o derradeiro 24 de abril, no lugar de Baíñas, desa mesma parroquia e Concello, resultando queimados 17.000 metros cadrados de monte raso. Na realización da referida queima, non se adoptaron as medida de seguridade, e o incendio progresou rápidamente favorecido polas favorables condicións climatolóxicas reinantes na zona. Polos feitos, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Corcubión.

Provincia de Pontevedra
A Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Pontevedra detivo a un veciño coma presunto autor dun incendio forestal imprudente, motivado por un escape de queima ao non tomar as medidas preventivas básicas necesarias para a realización das mesmas. O incendio tivo no lugar de Cea, Parroquia de San Pedro de Cea, Concello de Vilagarcía de Arousa., e afectou a una superficie de 700 metros cadrados de superficie arborada e 400 metros cadrados de superficie rasa. Por estes feitos tramitáronse as dilixencias remitidas o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución, en Funcións de Garda, de Vilagarcía de Arousa.

A Policía Autonómica de Jefatura Local de Vigo detivo a una veciña coma autora dun incendio intencionado no lugar de Cequeliños, parroquia de Cequeliños e concello de Arbo, o día 17 de abril, resultando queimados 3.000 metros cadrados de monte arborado. Polos feitos, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº. 2, de Ponteareas. A imputada xa fora detida por feitos similares en outras ocasións.

Membros do mesmo equipo imputaron a una veciña coma autora dun incendio intencionado na realización dunha queima de restos forestais amoreados. O incendio produciuse na parroquia de Xinzo, concello de Ponteareas, o día 23 de abril do, resultando queimados 22.000 metros cadrados de monte arborado. Polos feitos, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº. 3, de Ponteareas.

Provincia de Ourense
Funcionarios do Equipo de Investigación de Incendios Forestais da Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Ourense, procederon á detención dunha veciña de Viana do Bolo, como autora dun incendio forestal, causado por unha neglixencia ao efectuar unha queima. O incendio produciuse no lugar de Vilar de Goia, parroquia de Quintela de Umosa, concello de Viana do Bolo, o 23 de abril, resultando queimados 2.000 metros cadrados de monte arborado e 7.000 metros cadrados de monte raso. Polos feitos, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución da Pobra de Trives.

Policías do mesmo equipo da Xefatura de Ourense procederon a imputar a un veciño de Ourense, como autor dun incendio forestal causado por una neglixencia ao efectuar unha queima.O incendio, produciuse no lugar da Tafona, en Outeiro, parroquia de Santa Cruz de Arrabaldo, concello de Ourense, o pasado 24 de abril. Resultaron queimadas 200 metros cadrados de monte raso. Polos feitos, tramitáronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de 1ª Instancia e Instrución número 2 de Ourense.

En todos os lumes foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia, que evitaron que ardera moita máis superficie. E no que vai de ano, 23 persoas foron detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar