Xosé Ramón Gayoso recolle o premio da Academia de Televisión

Gayoso
Xosé Ramón Gayoso recolleu apasada noite o premio Iris ao mellor presentador de programas autonómicos que concede a Academia das Ciencias e as Artes da Televisión. O acto tivo lugar no Casino de Aranjuez (Madrid) e a el acodiron, entre outros, a directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas.

Horas antes do evento o codirector e presentador de “Luar” destacou que este premio non é unha distinción “a unha persoa, senón a unha cadea”, á TVG, se ben se amosou “encantado e agradecido” polo galardón. Con el, dixo, se recoñece o traballo de “todo un equipo enorme de xente” porque un presentador soamente é a cara visible. Cunha chiscadela de ironía, explica que entre eles se chaman bonecos, “coma se fósemos marionetas, porque dalgunha maneira sempre hai moitas persoas que están a controlar a aparición dun diante da cámara”.

O presentador declárase orgulloso dos seus anos en antena, e rememorou para Efe antigos programas como “Lúa Nova” ou “Entre Nós”, e o veterano “Luar” (21 anos en antena), a súa ocupación presente, do que fala como un “servizo público con letras grandes, un servizo público que é o de entreter”.

Sobre a súa popularidade na sociedade galega, argumenta que el ten unha muller “moi intelixente ao seu lado” e que un día ela indicoulle que había algo máis que a televisión no mundo. “A xente -matiza Gayoso- non coñece ao ser humano, coñece a esa persoa coa que convive tres horas na pantalla”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar