O matrimonio que violou a orde de afastamento pide evitar a prisión á espera do indulto

   Manuel Rodríguez Cores e María del Carmen Martínez Ríos, a parella de sesaxenarios de Ordes (A Coruña) que violou unha orde de afastamento mutua á que foron condenados tras unha agresión hai máis de oito anos, solicitan á xustiza Manuel Rodríguez Cores e Maria del Carmen Martinez Riosque suspenda temporalmente o seu ingreso en prisión por este motivo mentres o Consello de Ministros non se pronuncia sobre o indulto solicitado polos seus defensores.

   Así o indicou a Europa Press Manuel Astray, avogado de Manuel Rodríguez, quen explicou que, a falta de saber a data na que o Consello de Ministros abordará esta cuestión, o seu defendido vive coa “incerteza” de non saber se terá que entrar en prisión, algo que sería “irreparable” se, posteriormente, o indultan.

Os feitos sucederon hai máis de oito anos, cando o matrimonio, no transcurso dunha “discusión”, infrinxiuse lesións mutuas que derivaron nunha denuncia tamén mutua. O xulgado condenou naquel momento a ambos os dous polas lesións, aínda que Manuel Rodríguez recibiu “máis pena” pola Lei de Violencia de Xénero.

A pesar de que ningún dos dous tivo que entrar en prisión de forma efectiva –porque era a súa primeira condena–, o xuíz tamén decretou unha orde de afastamento mutua, segundo a cal María del Carmen Martínez non podería convivir co seu marido durante seis meses, mentres que el non podería residir na mesma casa durante ano e medio.

Dado que a súa pena de prisión “foi condonada”, explicou Manuel Astray, “eles pensaron que entón podían seguir vivindo xuntos” e, de feito, cos seus “fillos de acordo”, continuaron a convivencia. Non obstante, un tempo despois a Garda Civil tivo coñecemento deste feito “e denunciounos”. “Houbo outro xuízo, foron condenados de novo e, como era a segunda condena, tiñan que ingresar en prisión”, explicou o avogado.

PEDIRON O INDULTO

Tanto a defensa de Manuel Rodríguez como a de María del Carmen Martínez recorreron este ingreso en prisión e solicitaron ante o Consello de Ministros un indulto, avalado por que a convivencia entre a parella é boa, contan con apoio da súa familia e os seus veciños e, en oito anos, non se produciu “ningún outro episodio de violencia”.

Así mesmo, o marido solucionou os seus problemas coa bebida. “Fan vida normal e os fillos están encantados”, destacou Manuel Astray, que recordou que o propio Concello de Ordes emitiu un ditame de apoio unánime á parella que foi remitido ao Ministerio de Xustiza.

O xuíz do penal que leva o seu caso concedeu á muller unha moratoria do seu ingreso en prisión mentres non se resolve o indulto solicitado, pero denegou esta posibilidade ao marido. “En calquera momento poden dicirlle que se vai a prisión”, recordou o seu avogado, que recorreu esta decisión ante a Audiencia Provincial reclamando o “mesmo trato” para o seu defendido. Polo momento, continua tanto á espera de que se admita a suspensión da execución da sentenza como de que se resolva o indulto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar