Rueda agradece ao sindicato policial SUP a sua aposta polo diálogo

O vicepresidente, la clausura do congreso do sindicato policial de tendencia socialista.
O vicepresidente, la clausura do congreso do sindicato policial de tendencia socialista.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou esta mañá na Clausura da Asemblea Federal do Sindicato Unificado de Policía de Galicia.

No acto, o vicepresidente estivo acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez. Rueda agradeceu ao SUP os anos de diálogo e negociación conxunta para mellorar as condicións de traballo dos policías galegos e do servizo que prestan á sociedade.

No relativo á unidade de policía adscrita a Galicia, Rueda fixo fincapé no recoñecemento co que conta actualmente este corpo, especialmente polo seu traballo na captura dos incendiarios, a detención dos furtivos ou a protección dos menores, por citar algúns exemplos das súas actividades.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar