A Televisión de Galicia lidera o “prime time” da fín de semana

Un dos controis de realización da Televisión de Galicia.
Un dos controis de realización da Televisión de Galicia.

A Televisión de Galicia foi esta fin de semana líder en audiencias na faixa máis importante do día ou ‘prime time’. De venres a domingo, a Galega acadou un 14% de cota de pantalla, superando ás seguintes canles competidoras, La1 (12,8%) e Tele5 (12,7%), en máis dun punto de cota de pantalla. No conxunto do día, a canle pública obtivo un 11,4% de ‘share’ quedando a tan só 4 décimas do liderado.

A TVG contou amais cos programas máis vistos do venres e do sábado. Por unha parte, o “Telexornal Mediodía”, tanto do venres (175.000 espectadores e 26,3% de cota) coma do sábado (166.000 persoas e 23% de ‘share’), sitúase como o espazo máis visto en cada unha das xornadas. No que se refire aos programas de entretemento, as propostas da Galega obteñen tamén a maior audiencia: “Luar”, seguido por 160.000 espectadores de audiencia media e un 17% de cota de pantalla, e “Era Visto!”, cun 15,7% de ‘share’, foi visto por 126.000 espectadores de AM.

Entre os datos que recolle a empresa de audimetría Kantar Media, cómpre salientar ademais que o venres a TVG liderou o ‘prime time’ cunha cota de pantalla de 15,8%.

O Estudio General de Medios (EGM) acaba facer públicos tamén os datos de audiencia das televisións, correspondentes á primeira onda de 2013. Con respecto ao anterior informe, a TVG mellora unha posición na clasificación galega de canles, de luns a venres, e sitúase nun terceiro posto, cun 14,2% de ‘share’, ao incrementar a súa cota en 8 décimas. De luns a domingo, a cota é de 12,3%. No ‘prime time’ ou faixa de maior consumo televisivo, a Galega tamén é a terceira canle máis vista en Galicia cun 11,6% de cota de pantalla.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar