As claves para abordar o futuro, eixo das Xornadas de Filosofía de Vigo

“¿Albíscase unha nova etapa histórica?”. A interrogante centra o enunciado xeral das Xornadas de Filosofía que se celebran do 8 ou 10 de maio no auditorio do Concello de Vigo, nas que participarán cualificados especialistas e que están abertas ao público en xeral.

Os organizadores pretenden abrir un debate na procura das claves para abordar o futuro a partir da situación de crise económica e desafección política que vive a cidadanía.

RELATORES: JAVIER MUGUERZA

Catedrático emérito da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) tras profesar con anterioridade nas de A Laguna (Tenerife) e Autónomas de Barcelona e de Madrid. Cofundador e primeiro director do Instituto de Filosofía do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), así como da publicación Isegoría. Revista de Filosofía Moral y Política. Preside desde a súa fundación o Comité Académico da Enciclopedia Iberoamericana de Filosofía. É Fellow do National Humanities Center (Chapel Hill, North Carolina, U.S.A.), tendo visitado como profesor invitado numerosas Universidades, Centros de Investigación e outras institucións académicas europeas e americanas.
Entre as súas publicacións destacan: La razón sin esperanza (Siete trabajos y un problema de ética), Madrid, 1974; Desde la perplejidad (Ensayos sobre la ética, la razón y el diálogo), Madrid – México – Bs. Aires, 1990 ; De la conciencia al discurso (¿Un viaje de ida y vuelta?), versión castelá de Von Bewusstsein zum Diskurs. Eine Reise “hin und zurük”?, Bremer Philosopica, Sonderheft 103, pp. 10-175, Bremen, 1998 (nova edición ampliada, nun texto baixo o título provisional de Ética a la intemperie, en preparación). Ethics and Perplexity: towards a Critique of Dialogical Reason, ed. y trad. de John R. Welch, Nueva York, 2004. En colaboración con Concha Roldán e Roberto R. Aramayo publicou: Kant después de Kant (no bicentenario da “Crítica da razón práctica”), El individuo y la historia, La paz y el ideal cosmopolita de la Ilustración (no bicentenario de “Hacia la paz perpetua”). E, finalmente, o volume Ética día tras día (Homenaje a José Luis L. Aranguren en su 80 cumpleaños), Madrid, 1991.
TÍTULO DA SÚA CONFERENCIA: A voltas coa idea dun progreso moral
abstract – resumo
A) Ética e filosofía da historia
A expresión “progreso moral” apunta por un lado – polo do término “moral” – á filosofía moral ou a ética, mentras por outro lado – polo do término “progreso” – apuntaría máis bien á filosofía de la historia.
A filosofía da historia daríase cita coa ética na resposta de Kant á pregunta “¿Qué é a Ilustración” (Was ist Aufklärung?, 1784), resposta cuestionada por eses mestres da “filosofía da sospeita” do século XIX, Marx, Nietzsche ou Freud, pero tamén – ben entrado o século XX – polos mestres da “suspicacia posilustrada”, que para Habermas representarían os seus precursores da Escola de Frankfurt, Adorno e Horkheimer na súa “Dialéctica da Ilustración” (Dialektik der Aufklärung, 1959).
B) A que chamamos “progreso moral”?
Como nos recorda Ernst Tugendhat, os seres humanos non somos “de arame ríxido” (non somos hard-wired) e cando abordamos racionalmente unha opinión ou un desexo (e, consecuentemente, unha acción) atopámonos cunha diversidade de opcións (polo pronto, a do si e a do non), o que nos leva a “autoconcibirnos como libres”. Pero, ó falar de xustificación ou fundamentación da moral, non soe quedar claro – e tampouco o está, ó meu parecer, no caso de Tugendhat – se co término “moral” nos referimos a unha pátina de comportamento da especie humana, ou ó código de conduta vixente nunha determinada comunidade sociohistoricamente dada, ou, en terceiro lugar, ós imperativos da conciencia moral que han de rexer as accións individuais de cada quen.

FRANCESC de CARRERAS

Catedrático emérito de Dereito Constitucional da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). Foi secretario xeral de dita universidade (1980-1981).
Ten publicado numerosos estudos sobre todas as ramas do dereito constitucional: historia constitucional española, fontes do dereito, institucións políticas (eleccións, partidos políticos, monarquía, parlamento e goberno), dereitos fundamentais (liberdade de expresión, protección de datos, dereitos lingüísticos), constitución europea e, especialmente, dereito autonómico. É autor, xunto a J. C. Gavara, dun código de Leyes Políticas (Aranzadi, 16ª ed., 2011). Entre as súas publicacións recentes destacan diversos estudos relacionados col Estatuto de Cataluña de 2006 e a posible reforma constitucional do Estado das autonomías.
Actualmente, é membro de varios consellos de redacción e comités científicos de revistas de dereito constitucional, entre elas, la Revista Española de Derecho Constitucional, la Revista de Estudios Políticos, la Revista Europea de Derechos Fundamentales y la Revista de Derecho Constitucional Europeo. Así mesmo foi director e formado parte do comité de redacción de diversas coleccións editoriais.
Foi membro do Consello Consultivo da Generalitat de Cataluña entre 1981 y 1998.
Secretario de redacción e colaborador da revista Destino (1966-1975). Durante os anos 1980-2003 foi colaborador habitual dos diarios El País e El Periódico. Desde 2004 colabora semanalmente no diario La Vanguardia.
Outros libros seus:
Leyes políticas. El Estado Autonómico español. ¿Existe un modelo de Estado?
TÍTULO DA SÚA CONFERENCIA:Cara onde vai a universidade pública española?
abstract – resumo
O plan de Bolonia, interpretado á española, está creando o desconcerto nas nosas universidades. O fracaso escolar en secundaria, o sistema de acceso ao profesorado e o goberno das universidades, non son consecuencia de Bolonia, pero os novos métodos pedagóxicos, a decadencia do grao e a decisiva importancia do postgrao, si o son. Imos cara a unha escola de formación profesional ou cara a unha universidade do coñecemento? A nova universidade fomentará a igualdade de oportunidades ou consolidará as elites xa establecidas?

JESÚS MOSTERÍN

Estudou en España, Alemaña e Estados Unidos. Obtivo a cátedra de Lóxica e Filosofía da Ciencia na Universidade de Barcelona e desde 1996 é Profesor de Investigación do Instituto de Filosofía do CSIC. É membro do Center for Philosophy of Science de Pittsburgh; membro da Academia Europea de Londres; membro do Institut International de Philosophie de París e da International Academy of Philosophy of Science. Foi introdutor en España da filosofía analítica, corrente de pensamento do século XX caracterizada polo estudo da linguaxe coa pretensión de resolver os problemas filosóficos mediante a análise dos términos que interveñen na súa formulación e de eliminar as ambigüidades na ciencia e na filosofía. Tivo un papel esencial na introdución da lóxica matemática e na Filosofía da ciencia en España e América Latina. Ademais das súas actividades académicas, ten desempeñado funcións editoriais en varios países, sobre todo nos grupos Salvat e Hachette. Leva involucrado moitos anos na protección da natureza e na defensa dos animais.
Obras: El islam: Historia del pensamiento; A favor de los toros; Naturaleza, vida y cultura; La cultura de la libertad; Ciencia viva: Reflexiones sobre la aventura intelectual de nuestro tiempo; Racionalidad y acción humana; Vivan los animales; los derechos de los animales; Los judíos; India: Historia del pensamiento; China: Historia del pensamiento; El reino de los animales (recén publicado, marzo de 2013)
TÍTULO DA SÚA CONFERENCIA:O noso tempo
abstract – resumo
Que é o tempo? Diversos sentidos da palabra “tempo”. Que é o noso tempo ou a nosa época ou a nosa era? Cáles son os seus límites? Estamos ante un cambio de era? Non. A retórica da crise e o cambio de era non contribúen nada á comprensión da realidade histórica que nos tocou vivir. Tratemos de caracterizar o noso tempo cun pouco máis de precisión e de obxectividade.
4.- ANTÓN COSTAS COMESAÑA
CV
É catedrático de Política Económica na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Barcelona, e investigador do IREA, Institut de Recerca en Economia Aplicada Regional i Pública nesa mesma universidade. As súas investigacións céntranse na economía política dos procesos de liberalización, o regulamento e a competencia. Ocupou o cargo de Valedor do Cliente de Endesa Cataluña e en 2006 foi elixido presidente do consello de administración da mesma compañía. Formado co recoñecido economista catalán Fabià Estapé, compaxina a investigación coa divulgación colaborando en diversos xornais, como El País, onde mantén unha columna na edición de Cataluña, e Vieiros, edición Barcelona. Está vinculado ao centro UIMP Galicia (Universidad Internacional Menéndez y Pelayo). Vicepresidente do Círculo de Economía. Autor (xunto con X.C. Arias) de “La Torre de la arrogancia. Políticas y mercados después de la crisis”
TÍTULO DA SÚA CONFERENCIA: Crise: Capitalismo contra democracia: é posible?
abstract – resumo
Como acontece cando baixa a marea, a crise financeira de 2008 deixa ao descuberto dous trazos da economía actual que estaban ocultos durante a preamar do crédito: unhas finanzas depredadoras e unha desigualdade pavorosa. A lóxica económica do capitalismo entrou en colisión coa lóxica política da democracia. Xa sucedeu na etapa da Gilded Age, de finais do XIX. Despois da Gran Depresión dos anos 30 encontrouse un pegamento que reconciliou capitalismo e democracia e creou a modernidade. O reto agora volve ser o mesmo. É posible?

UBALDO MARTINEZ VEIGA

Catedrático de Antropoloxía Social na Universidade Nacional de Educación a Distancia. Foi director do Instituto de Socioloxía das Novas Tecnoloxías da Universidade Autónoma de Madrid e profesor visitante na Columbia University (Nova Iork), John Hopkins University (Baltimore), nas universidades de Monash e La Trobe (Melbourne, Australia) e na London School of Economics (Inglaterra). Durante a súa estancia na Universidade de Columbia traballou con Marvin Harris, quen daquela escribía a súa Historia da Antropoloxía. Posteriormente daría clases desta mesma disciplina na Universidade Autónoma de Madrid e en Melbourne.
Ubaldo Martínez Veiga publicou máis de 15 libros sobre Antropoloxía económica, Antropoloxía ecolóxica, Historia da Antropoloxía, e desde 1990 dedicouse ao estudo dos problemas do traballo e da inmigración estranxeira en España.
Para esta conferencia poden ter relevancia estas obras súas:
Traballadores invisibles: Precariedad, rotación y pobreza de la Inmigración en España, La Catarata, Madrid, 2004
El Ejido, discriminación, exclusión social y racismo. La Catarata, Madrid 2001
La integración social de los inmigrantes extranjeros en España. Trotta, Madrid,1997
TÍTULO DA SÚA CONFERENCIA: As reformas do mercado laboral e o desemprego en España. A cronificación dun problema
abstract – resumo
Sen dúbida ningunha, o problema fundamental que ten a sociedade española non é a débeda externa, nin, por suposto, o feito (incontrovertible segundo o actual goberno) de que os españois vivisen por enriba das súas posibilidades. O feito de que o desemprego afecte ao 26% da poboación, con seis millóns de parados, é o problema central da poboación española. Para tratar de explicar este problema, estudaranse as diversas reformas laborais que tiveron lugar no país dende 1980, e a súa incidencia no desemprego. Vaise formular o problema sobre o impacto destas reformas na aparición e aumento do paro e/ou na súa conversión nun fenómeno crónico cuxa desaparición é máis que problemática.

FÉLIX OVEJERO LUCAS

Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Barcelona.
Profesor Titular da Universidade de Barcelona
Visiting Scholar en University of Chicago , Center form Ethics, Rationality and Society, 1991
Visiting Scholar at the University of Wisconsin , 1999
Libros:
De la naturaleza a la sociedad, Barcelona, Península, 1987
Intereses de todos, acciones de cada uno, Madrid, Siglo XXI, 1989
La Quimera fértil, Barcelona, Icaria, 1994
Mercado, ética y economía, Barcelona, Icaria, 1994.
Las razones del Socialismo, Barcelona (con Roberto Gargarella ), Paidos, 2001
La libertad inhóspita, Barcelona, Paidos, 2002
Nuevas ideas republicanas, (con R. Gargarella y J. L. Martí ), Barcelona, Paidos, 2004
El compromiso del método, Montesinos, Barcelona, 2004.
Proceso abierto. Socialismo después del socialismo, Tsuquets, Barcelona, 2005.
Contra Cromagnon. Nacionalismo y ciudadanía, Barcelona, Montesinos, 2006.
Incluso un pueblo de demonios, Madrid, Buenos Aires, Katz. 2008.
La trama estéril, Barcelona, Montesinos, 2011.
TÍTULO DA SÚA CONFERENCIA: Urxencia e impotencia do ideal socialista
abstract – resumo
O socialismo preséntase coa cristalización política do ideal ilustrado: ordenar dende a razón a orde do mundo. Na súa historia conviviron dous modelos: o hiperracionalista, que asociaba o curso da historia á realización da razón. Os problemas que o progreso nos creaba, o progreso resolveríaos. O voluntarista, que confiaba en que o afundimento do capitalismo daría pé á aparición da mellor natureza humana. Os humanos organizariamos entón a sociedade dende os nosos mellores desexos. Os dous fracasaron. A terceira resposta, resignada, a que dá pé ao estado do benestar, busca facer compatible o mercado e a democracia. Hoxe, ante os novos retos, hai razóns para pensar que esa combinación institucional non se mostra capaz de facer fronte aos importantes retos da humanidade.

PROGRAMA

Mércores, 3

16.30h Inauguración.
17.00h. Javier Muguerza: A voltas coa idea dun progreso moral
18.00h. Coloquio
18.30h Descanso.
19.00h. Francesc de Carreras: Cara a onde vai a universidade pública española?
20.00h. Coloquio
21.00h. Final da Xornada.

Xoves, 9

17.00h. Jesús Mosterín: O noso tempo
18.00h. Coloquio
18.30h Descanso.
19.00h. Antón Costas: Reconciliar capitalismo e democracia: é posible?
20.00h. Coloquio
21.00h. Final da Xornada

Venres, 10

17.00h. Ubaldo Martínez Veiga: As reformas do mercado laboral e o desemprego en España. A cronificación dun problema
18.00h. Coloquio
18.30h Descanso.
19.00h. Félix Ovejero Lucas: Urxencia e impotencia do ideal socialista
20.00h. Coloquio
21.00h. Clausura das XXI Xornadas

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar